TEMPO DE LECER – 4 DE MAIO

Nesta actividade visitaremos o val da Maía, situado na aldea amesá de Lamas, onde se encontra O Fogar do Meu Burro. Neste espazo practicaremos a asinoterapia, un tipo de terapia asistida con animais que busca axudar ás persoas que padecen discapacidades, problemas psicolóxicos e mentais, ou problemas para relacionarse con outras persoas. Tamén se realizarán actividades con instrumentos musicais feitos a man.

  • Data: sábado 4 de maio
  • Horario: 11:00 a 14:00
  • Idade: 9 a 16 anos
  • Prezo: entre os 10€ e os 15€  (o prezo pode variar dependendo da demanda)
  • Prazas: limitadas
  • Lugar: Aldea de Lamas, Santo Tomás, concello de Ames, A Coruña 

–> PREMA NESTA LIGAZÓN PARA A PRE-INSCRICIÓN

TEMPO DE LECER – 27 DE ABRIL

Nesta actividade repasaremos a historia dos videoxogos, faremos unha mesa redonda onde abordaremos e comentaremos as experiencias de cada un co tema e finalizaremos xogando as diferentes consolas cas que contaremos.

  • Data: sábado 27 de abril
  • Horario: 11:00 a 14:00
  • Idade: 9 a 16 anos
  • Prezo: gratuito
  • Lugar: ​Centro de ASPERGA Santiago de Compostela (Rúa José Ángel
  • Valente, 9)

INSCRICIÓN PREMA NESTA LIGAZÓN

Actividade financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF

TEA en adultos: síntomas e características 

TEA en adultos: síntomas e características

Malia que na actualidade se adoitan detectar a maioría de casos de autismo durante a infancia ou a adolescencia, aínda existen casos de persoas adultas que reciben o seu diagnóstico de forma tardía. Unha gran parte destes adultos con TEA conviviron durante anos con diagnósticos erróneos e malestar derivado de sentirse diferentes e non entender o motivo. Por iso resulta tan importante atopar respostas dende idades temperás. 

Neste post afondamos un pouco máis sobre este tema, non o perdas! 

Por que é tan difícil detectar o trastorno TEA en adultos? 

Os profesionais da saúde están máis acostumados a diagnosticar a nenos e nenas pequenos e, polo tanto, moitas veces non teñen as ferramentas nin os recursos necesarios para facer a diagnose en adultos. De feito, moitos dos cuestionarios que se utilizan nos procesos de avaliación conteñen preguntas que fan referencia a infancia da persoa. 

Ademais, unha gran parte das persoas adultas con TEA xa pasaron por varios diagnósticos anteriores ata chegar a dar, finalmente, co de autismo. Neste caso é moi frecuente que tamén presenten, a raíz dos sucesivos diagnósticos erróneos, ansiedade e depresión. Estes trastornos enmascaran moitas veces os verdadeiras características destas persoas. 

Por último, outra barreira que impide chegar a un diagnóstico temperán é a gran variedade dos síntomas do autismo. De forma xeral, son máis ou menos os mesmos que no caso dos cativos e das cativas, pero teñen lugar nun momento vital distinto. Por exemplo, no caso dos nenos e nenas, adoitase observar (entre moitas outras cousas) como é o seu xogo pero esta perspectiva non é útil para os adultos. 

Síntomas do TEA en adultos 

As persoas con trastorno do espectro autista poden presentar unha serie de características máis ou menos comúns. Porén, é importante ter en conta que cando falamos de espectro autista é porque existen tantos autismos como persoas autistas. Cada caso é diferente e, polo tanto, os síntomas que pode presentar tamén.  

Dificultade para cumprir normas sociais 

Un dos trazos máis característicos que se pode presentar no autismo en adultos, ou en calquera outra etapa vital, é a dificultade para comprender e integrar as normas e condutas socialmente aceptadas. 

Peculiaridades na comunicación 

En moitos casos, as persoas adultas con TEA notan que lles custa comezar e manter conversacións, pois non saben qué dicir. Outros pola contra, falan moito e non perciben os ritmos naturais de conversa. Tanto é así, que ás veces non se senten cómodas interactuando con outras persoas e rematan por evitalo. 

Dificultades para coñecer xente nova 

Os problemas para manter conversas con outras persoas derivan tamén nunha gran dificultade para saír do seu círculo social e coñecer a xente nova.  

Dificultade para identificar e compartir os seus sentimentos e pensamentos 

Outro trazo que se percibe nas persoas adultas con autismo está relacionado coas súas habilidades para idenfiticar e compartir tanto as súas emocións, sentimentos e pensamentos cara os demais. 

Preferencia pola soidade 

Todas estas barreiras sociais que experimentan os adultos con autismo poden levar a que prefiran estar sós antes que relacionarse con outras persoas. 

Falta de control emocional 

Na gran maioría de casos onde existe autismo en adultos, as persoas teñen falta de control emocional, é dicir, cústalles conseguir equilibrar as súas emocións. 

Como se diagnostica o TEA en adultos? 

O TEA en adultos detéctase a través dunha avaliación que acostuma ser máis complexa que a que se fai para os nenos e nenas. No caso dos adultos débense facer adaptacións para evitar confundir algúns dos síntomas cos doutros trastornos de saúde mental como ansiedade. Esta avaliación pode incluír: 

  • Entrevistas para recompilar información sobre a traxectoria de vida. Durante ela o profesional preguntará acerca dos retos que enfronta na comunicación e na interacción social, sobre os seus intereses, comportamentos…  
  • Test específicos como o ADI-R ou o ADOS-2, ou cuestionarios 
  • Test neuropsicolóxicos para medir a capacidade cognitiva, a memoria e a atención. 
  • Probas de habilidades sociais e comunicativas que inclúen a observación en diferentes contextos. 
  • Conversas cos pais ou outros membros da familia para coñecer mellor como foi evolucionando a persoa.

Con toda esta información os especialistas serán quen de obter un diagnóstico o máis preciso posible. Gracias a el, as persoas con autismo poderán comprender os desafíos aos que se enfrontaron no seu pasado, identificar as súas fortalezas persoais e atopar a axuda máis axeitada. 

A importancia do diagnóstico da síndrome TEA en adultos 

Para os adultos con TEA recibir un diagnóstico supón una especie de alivio e un punto de partida para traballar en mellorar a súa situación. A partir de aí poden establecer redes con outras persoas tamén diagnosticadas con TEA e compartir as súas experiencias para sentirse apoiados. 

Neste sentido, as asociacións para persoas con autismo, como ASPERGA, poden ser de gran axuda. Trátanse de espazos nos que, tanto as familia como a persoa con TEA, poden acudir en busca de información, orientación  ou servizos terapéuticos. 

En definitiva, o diagnóstico abre as portas a recibir apoios e recursos especializados que van a depender da avaliación e da situación de cada persoa. Unha das cousas máis interesantes que se pode solicitar é o certificado de discapacidade para ter acceso a todos os beneficios que outorga. Algúns deles son: 

  • Deducións sobre o IRPF. 
  • Acceso a axudas en materia de Educación. 
  • Adaptación de vivendas ou axudas para a compra dunha. 
  • Prazas de emprego reservadas. 
  • Descontos en cultura e ocio. 

De feito, dende o ano 2022, o novo baremo do grado de discapacidade recoñece especificamente o TEA de forma independente e diferenciada do diagnóstico de discapacidades intelectual. Este recoñecemento visibiliza o impacto que as características nucleares do TEA teñen na calidade de vida das persoas que o presentan. 

TEMPO DE LECER – 20 DE ABRIL

Nesta actividade vamos a xogar a búsqueda dun tesouro escondido pola zona da Torre de Hércules. Teremos que utilizar a orientación, os mapas, as pistas, o inxenio e a intuición. Moita sorte ás pequenos/as Sherlock Holmes!! 

  • Data: sábado 20 de abril
  • Horario: 11:00 a 13:00
  • Idade: 8 a 14 anos
  • Prezo: de balde
  • Lugar: ​Torre de Hércules

INSCRIPCIÓN: PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN

Actividade financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF

TEMPO DE LECER – 11 DE MAIO

Nesta actividade vamos vir a Asperga a facer un taller de pintura. O obradoiro será impartido por Beatriz Albaladejo. A súa obra recolle inspiración das formas vangardistas do S.XX, cubismo e futurismo, sen encasillarse en ningunha delas, plasmando nas súas obras a máis pura esencia da música electrónica desde diferentes puntos de vista. Obras a través das cales se trata de mergullar ao espectador mediante a súa representación na súa inauguración mediante diferentes dj set, creando unha simbiose visual e auditiva

  • Data: sábado 11de maio
  • Horario: 11:00 a 13:00
  • Idade: 8 a 16 anos
  • Prezo: 15€
  • Lugar: ​ASPERGA A CORUÑA: Rúa Juan de la Cierva, 5

–> INSCRIPCIÓN: PREMA NESTA LIGAZÓN

Actividade financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF

O autismo é hereditario?

O autismo é xenético?

Hoxe en día, é unha incognita a causa xustificada do trastorno do espectro autista (TEA). Seguindo o estudo publicado pola revista científica “Cell”, chegouse a conclusión que as mutacions xenéticas son un dos principais axentes causais do TEA.

Temos que ter presente que o TEA é unha condición de orixen neurobiolóxica que afecta a configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral. Acompaña a persoa ao longo de toda a súa vida e os desafíos comunes son, fundamentalmente a dúas áreas do funcionamento persoal: a comunicación e interacción social, e a flexibilidade do comportamento e do pensamento.

Causas do autismo

O TEA é unha condición xenética a cal aínda non se atopou un único xene directamente vinculado co autismo, se non que é o resultado de múltiples mutacións en interacción con diversos factores, entre eles o ambiente.

Estudos científicos apuntan que hai máis de cen posibles xenes implicados no TEA, e os factores ambientales contribúen en boa medida ao desenvolvemento e evolución da condición.

Dentro de todo o mencionado, temos que ter en conta que ningunha persoa TEA é igual; todas teñen os seus propios intereses, capacidades e retos diarios, aínda que compartan unha condición en común.

Factores xenéticos

Observouse que diversos xenes están vinculados aos trastornos do espectro autista. En certos casos, o Autismo ten con condicións xenéticas.

A revista JAMA Psychiatry reafirma esta conclusión na investigación publicada sobre o tema, estimando que a heredabilidade do TEA é bastante alto.

Ademáis, investigacións xemelares onde se evidencia unha concordancia notablemente alta, alcanzando o 90% en persoas xemelgas monocigóticas e, mesmo en dizigóticas, a concordancia sitúase en torno ao 20%.

Probas para saber se o autismo é xenético

Unha das vantaxes inherentes ao diagnóstico de TEA, é a probabilidade de identificar claramente unha ou máis mutacións asociadas ao autismo, incrementou nos últimos anos, pasando do 15-20% ao 30-40%. Isto significa que en aproximadamente un terzo dos casos, podemos confirmar a orixe xenética do trastorno.

A pesar dos beneficios do diagnóstico xenético, moitas persoas diagnosticados con autismo non son derivados a consulta con xenetistas. A principal barreira segue sendo a falta de información; aínda son poucas as persoas diagnosticadas ou familiares conscientes das posibilidades que ofrecen estes estudos.

Espérase que o crecente coñecemento entre profesionais e a mellora na comprensión científica das causas xenéticas do autismo conduzan a un aumento nas derivacións para realizar probas xenéticas do autismo.

En resumo, aínda que parece claro que existe unha carga xenética asociada, necesítase máis investigación sobre este tema.

Por iso, é importante a detención temperá, para poder favorecer ferramentas para o desenvolvemento no día a día e na súa autonomía persoal.

Valoración diagnóstica de autismo

Máis alá de que se poida detectar o autismo con estudos xenéticos, é de vital importancia centrarnos nas necesidades das persoas e nas “sinais de alerta” que pódense ir dando ao longo do desenvolvemento da primera infancia, e a súa maneira de intereactuar co entorno.

O importante, é saber brindar apoio e suplir as necesidades que presenta cada persoa. Dende ASPERGA, dedicámonos a coñecer cada caso de forma detallada, valorando todos os contextos da persoa e realizando probas esyandarizadas e específicas. Para levalo a cabo, contamos cun equipo de profesionais sanitarias acreditadas, que inclúe psicólogas, terapeutas ocupacionais e logopedas. Traballamos en conxunto para proporcionar unha atención integral e personalizada a cada persoa.

TEMPO DE LECER – 16 DE MARZO

Nesta actividade vamos vir a ASPERGA a divertirnos cos xogos de mesa, xadrez e puzzles. Botaremos unhas boas risas e poñeremos en práctica a creatividade e o inxenio!

  • Data: sábado 16 de marzo
  • Horario: 11:00 a 13:00
  • Idade: 8 a 14 anos
  • Prezo: de balde
  • Lugar: ​Asperga

INSCRIPCIÓN: PREMA NESTA LIGAZÓN

Actividade financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF

IRPF – 2024

A Xunta de Galicia concedeu en 2024 unha subvención a través de la Federación Autismo Galicia, para Programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social.

Esa cantidade destinouse a programas dá Liña III (Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio a persoas maiores e con discapacidade) e LIña IV (Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención a persoas con discapacidade).

Os servizos de ASPERGA aos que foi destinado foron os seguintes:

  1. Atención Temperá.
  2. Habilidades Sociais (HHSS)
  3. Tempo de lecer e Urban Camp.
  4. Formación a familias – individuais e grupais.