SERVIZOS ASPERGA
Intervención de habilidades sociais en persoas con TEA
HABILIDADES SOCIAIS, VIDA ADULTA, TALLERES,


PROGRAMA DE VIDA ADULTA E AUTISMO
A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA
É un programa destinado a potenciar a autonomía das persoas autistas e as súas destrezas comunicativas na súa transición á vida adulta. Intervimos en dúas áreas crave: as ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS E DA VIDA DIARIA E EN COMUNIDADE (tarefas do fogar, preparación de comidas, limpeza, lectura de facturas, manexo do diñeiro, coller un medio de transporte, planificación de compras…) e a FORMACIÓN e o EMPREGO (habilidades comunicativas para entrevistas de traballo, contacto con empresas e entidades, voluntariado, prospección laboral…).
-> VER PDF con máis información
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
PROGRAMA DE APOIO EDUCATIVO A PERSOAS AUTISTAS
A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA
Desde ASPERGA lanzamos un novo programa de APOIO EDUCATIVO a medida de cada persoa usuaria. Con grupos dun máximo de 3 persoas, aínda que poderán contratarse clases particulares individuais.
Este programa pretende mellorar o rendemento académico, estar ao día cos deberes e demandas do curso académico para alcanzar as competencias básicas de cada etapa educativa.
Realizarase un seguimento constante coas familias; comunicacións co centro educativo e intervención en caso de ser necesario.
Lograremos estimular desde a positividade e o respecto, fomentando as capacidades e fortalezas para mellorar a autoestima.
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS
A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA
XOGAR E DIVERTIRSE é a mellor forma de APRENDER DESTREZAS SOCIAIS. Poñemos en práctica de maneira lúdica as habilidades de comunicación, interacción social e manexo emocional para que os usuarios extrapolen os coñecementos adquiridos de forma inmediata e real a contextos habituais (casa, colexio, amigos).
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
CLUB DE LECTURA PARA MULLERES MAIORES DE IDADE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Esta actividade nace co obxectivo de fomentar o amor polos libros e pola lectura nun ambiente acolledor, amigable e próximo, onde cada participante se sinta cómoda e animada a compartir as súas reflexións e emocións. Pretendemos crear un espazo seguro e de confianza entre mulleres, un lugar onde se favoreza a comunicación aberta e respectuosa, permitindo que cada unha se exprese libremente.
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
TALLER “SEN-CONFLICTO”
A CORUÑA
Este é un espazo para nais/pais/persoas coidadoras principais de persoas con problemas de conducta. Neste espazo, proporcionaremos ferramentas prácticas, estratexias de afrontamento e recursos útiles para axudarvos a enfrontar os retos diarios e promover un ambiente de apoio e comprensión.
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
TALLER “ADULTOS/AS NO ESPECTRO”
A CORUÑA
Este taller ofrece un espazo de encontro único para persoas diagnosticadas na idade adulta. Cada sesión do taller aborda temas diversos, todos eles relacionados con situacións e vivencias comúns que as persoas dentro do espectro poden enfrontar. O obxectivo principal é fomentar a comunicación aberta e o intercambio de vivencias entre os participantes, proporcionando un ambiente solidario onde se poida compartir experiencias e ofrecer apoio mutuo.
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
TALLER “COMUNÍCATE”
A CORUÑA
Este taller de comunicación foi deseñado para adolescentes e adultos que forman parte do Trastorno do Espectro Autista (TEA). O seu obxectivo central é mellorar tanto as habilidades de comunicación verbal como non verbal da persoa. A través de enfoques adaptativos e actividades interactivas, o taller busca proporcionar un ambiente inclusivo e de apoio para axudar aos participantes a desenvolver e reforzar as súas capacidades de comunicación. Cada sesión do taller aborda temas prácticos e situacionais que son directamente aplicables ás experiencias diarias dos participantes, promovendo unha aprendizaxe práctica e relevante.
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
TALLER “RIQUIÑOS” E “CROISSANT”
A CORUÑA
Estes talleres grupais dirixidos a persoas autistas nacen co obxectivo de fomentar a creación de grupo de apoio, onde os participantes creen vínculos de amizade, confianza e relacións interpersoais. Están divididos por idades:
-Riquiños: para adolescentes menores de 18 anos
-Croissant: para maiores de 18 anos
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.
XUNTANZA SOCIAL PARA MAIORES DE 18 ANOS
A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA
En ASPERGA, cremos que é moi positivo compartir os nosos gustos e aficións, e é por iso que nas nosas Xuntanzas Sociais propiciamos un ambiente para poder gozar de diversas actividades. A nosa organización adícase a fomentar a conexión e interacción entre persoas que comparten un interese común, promovendo así a creación de comunidades e relacións enriquecedoras.
Actividade incluida dentro do “Programa de Atención a Persoas con TEA” da Federación Autismo Galicia , Subvencionado pola Conselleria de Politica Social da Xunta de Galicia
Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.