Noso equipo
En A Coruña
Psicólogo Xeral SanitarioValentín Varela Valiño
Licenciatura en Psicoloxía
Habilitación sanitaria
Acreditación ADI- R e ADOS-2
Cando era adolescente na miña familia necesitamos a axuda dun psicólogo e foi así como souben que quería dedicarme a entender o comportamento das persoas e traballar, sobre todo, con colectivos en risco de exclusión social. A empatía e a capacidade de escoita son claves para poder guiar a nenos, adolescentes e adultos con dificultades e mellorar a súa calidade de vida. Para desconectar leo, vexo cinema, viaxo e practico baile galego.
Psicóloga Xeral SanitariaPaloma Rodríguez Blanco
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Máster en Psicoloxía e Psicoterapia Infanto-Xuvenil
Acreditación ADI- R e ADOS-2
Tómome a vida con humor e o traballo con seriedade. Ofrecer apoio a nenos e adolescentes con asperxer non supón un esforzo para min, senón que encaixa coa miña forma de ser: son paciente, gústame escoitar e sempre estou disposta a botar un cable a quen o necesite. Creo que as xeracións máis novas teñen moito que dicir. Son optimista. Gústame que o meu traballo achegue moitas cousas positivas e encántame a música, que o cura case todo e acompáñame a todas partes.
PsicólogaTeresa Andrade Robles
Licenciatura en Psicoloxía
Máster en Neurociencia
Acreditación ADI- R e ADOS-2
Desde ben pequena interesoume saber o por que das cousas, das cousas humanas para ser exacta, polo que acabei fascinada polo cerebro e centrándome en entender iso que nos fai decidir ou planificar (a función executiva) e o que nos axuda a adaptarnos a calquera contexto (a flexibilidade cognitiva). A información é poder e por iso unha das claves do meu traballo é a divulgación. A vida das persoas con asperxer será máis fácil se o coñecemento necesario sobre a síndrome chega ás súas familias, aos seus colexios, aos seus traballos, ao mundo que lles rodea.
Psicólogo Xeral SanitarioUxío Amil Álvarez
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Gústame escoitar ás persoas, conectar con elas, axudar, desde pequeno foi así. Logo descubrín que había unha profesión que se dedicaba a algo moi parecido e entón tiven claro que esa era a miña vocación, que faría o posible para lograr que a xente se sentise mellor tras falar comigo, adquirindo coñecementos e habilidades que me permitisen facelo da forma máis profesional posible.
Psicóloga Xeral SanitariaMarta Portabales Pardo
Grao en Psicolocía
Máster Psicoloxía Xeral Sanitaria
Dende pequena, sentín curiosidade por cómo se comporta a xente, así como os sentimentos que experimentamos ao longo das nosas etapas vitais. Esta curiosidade levoume a querer saber máis, comprender á xente, escoitar e ter a oportunidade de acompañar ás persoas nos seus procesos de cambio. Coa miña formación, espero poder aportar ás persoas a axuda que precisan.
Psicóloga Xeral SanitariaAlba Deaño Vázquez
Grao en Psicoloxía
Máster Psicoloxía Xeral Sanitaria
Sempre me gustou aportar o meu gran de area para axudar aos demais a sentirese mellor, por iso non foi difícil saber a que me gustaría dedicarme. Desde esta profesión, gústame adaptarme á persoa que teño diante, respectando os seus tempos e o seu espazo, sempre dende a cercanía e a empatía.
LogopedaElva Vázquez de la Montaña
Diplomada en Logopedia
Máster en Atención Temperá
Máster en Psicopedagoxía Clínica
Acreditación ADI- R e ADOS-2
De pequena xogaba a ser a profesora das miñas barbies e era a enfermeira da casa. Elixín unha profesión que combinaba ambas as cousas. Encántame traballar con nenos e apaixóname facerlles xogos, bonecos e pictogramas que lles axuden a mellorar. Traballar con rapaces autistas engancha. O día que unha nena que apenas falaba díxome “quero un quebracabezas” foi un gran día. Nunca tres palabras tiveron tanto valor.
LogopedaNoelia Pazos Piñeiro
Grao en Logopedia
Máster en Atención Temperá
Considérome unha persoa empática, paciente e con capacidade de escoita, que sente ilusión por superarse cada día un pouco máis co fin de ofrecer o mellor apoio aos usuarios e as súas familias. A comunicación é determinante para a vida de calquera ser humano e resúltame moi reconfortante volver a casa coa sensación de que o meu traballo repercute de forma positiva na calidade de vida das persoas.
LogopedaPatricia Vázquez Barbeito
Grao en Logopedia
Encontrei a miña vocación cando iniciei o grao de logopedia e descubrín que podía verter a miña paixón en axudar aos demais. A comunicación e a empatía son imprescindibles no meu día a día e conforman os pilares fundamentais nos que se sostén o meu traballo. Resultame moi gratificante poder contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas.
Terapeuta OcupacionalMacarena Sánchez Carnero
Grao en Terapia Ocupacional
Posgrao en Atención Temperá
Máster en Intervención en Discapacidade e Dependencia
Acreditación DIR-101. Modelo DIRFloorTime
ADI-R
Terapeuta ocupacional con vocación plena no ámbito da Atención Temperá, especialmente colectivo de nenas e nenos con TEA, onde volquéi toda a miña formación. Encántame o continuo aprendizaxe a través da práctica baseada na evidencia e a intervención a través do xogo. Desfruto moito traballando man a man coas diferentes disciplinas que formamos o equipo, e, por suposto, coas familias e sempre dentro dos entornos, que son as pezas clave para que todos os engrenaxes da cadea funcionen á perfección. As miñas inquedanzas e ideas sempre estarán encamiñadas a que os nenos e as nenas busquen a autonomía no seu día a día e gocen xogando e aprendendo de calquera pequeno detalle deste mundo tan cambiante.
Terapeuta ocupacionalSira Cerviño Carro
Grao en Terapia Ocupacional
Acreditación ADI- R
Aos 9 anos díxenlle á miña tía que quería traballar con “persoas con dificultades” ou con persoas maiores e ela faloume da terapia ocupacional. Desde ese momento tiven claro que esa sería a miña futura profesión e cada vez estou máis convencida de que elixín ben. Mesturar a aprendizaxe, o xogo e a adaptación funcional pode chegar a ser moi divertido coas persoas con TEA.
PedagogaSara López Álvarez
Grao en Pedagoxía
Grao en Maxisterio de Primaria
Máster en Educación emocional entre alumno e profesor
Son pedagoga e tamén profe, sempre me entendín moi ben cos nenos e coas nenas, por iso me sinto tan ben no programa de apoio educativo. Creo que o traballo debe ser formal pero, ao mesmo tempo, divertido, moito máis cando a túa función e ensinar. Implícome no traballo e intento formarme constantemente. A música e viaxar son dúas das miñas pasións. Desde que traballo con persoas con TEA vexo a vida desde outra perspectiva e encántame.
PedagogaMaría José Vaamonde Miraz
Licenciada en Ciencias da Educación, Pedagoxía
Máster en E-learning e Redes Sociais
A vocación é o meu punto de partida para poder desempeñar a miña labor profesional, gústame e disfruto co meu traballo. Poder compartir os meus coñecementos, recursos e ferramentas con outras persoas é algo que me proporciona a orientación laboral, onde a función principal é acompañar no proceso de busca ou mellora laboral, axudando a poñer en valor a autoconfianza, as capacidades e puntos fortes das persoas con autismo.
Educadora SocialLaura Ares Crego
Grao en Educación Social
Son a responsable dos talleres de habilidades sociais, organizo as actividades mediante o xogo ou con dinámicas de participación, adaptándome sempre ás características e necesidades de cada grupo. Centramos os talleres na asertividade, a comunicación, a xestión emocional, a autoestima, o coñecemento do entorno, etc. Traballar con persoas con TEA implica abrir a túa mente ante a súa creatividade e imaxinación.
Traballador socialYago Lage Caramelo
Grao en Traballo Social
O meu maior reto, e ao mesmo tempo a miña gran satisfacción, é que as persoas que pasan polo meu despacho váianse coa sensación de que foron escoitadas, que non desperdiciaron o seu tempo, que lles fun útil. Apaixóname a política como servizo público, prefiro viaxar sobre catro rodas e encántanme as cidades grandes como Madrid ou Londres.
En Santiago
Psicóloga Xeral SanitariaInés López Pais
Licenciatura en Psicoloxía
Acreditación ADI- R
Os meus amigos sempre dixeron de min que sei escoitar e aconsellar e desde que iniciei a miña carreira como psicóloga souben que me dedicaría á rama sanitaria, a axudar a outros. Son perseverante, non me canso de aprender e por iso mesmo sigo formándome e adquirindo experiencia no mundo asperxer, pero tamén noutros como o da discapacidade intelectual ou como voluntaria noutras asociacións. Todo suma e enriquece o meu traballo.
Psicóloga Xeral SanitariaMar Martín Almonte
Grao en Psicoloxía
Máster Psicoloxía General Sanitaria
Máster de Actualización en Intervención Psicológica e Saude Mental
Máster de Psicología Infanto-Xuvenil
Acreditación ADI-R e acreditación ADOS-2
Desde a adolescencia souben que sería psicóloga, sempre quixen saber como pensan, como actúan e que senten as persoas. A miña contorna valora a miña proximidade, a miña capacidade de escoita e o esforzo por demostrar a miña implicación e compromiso cos demais. Como psicóloga non trato de cambiar mentes, senón crear vínculos con outras persoas e xuntos buscar as estratexias que lles axuden a atopar respostas.
LogopedaNoela Vigo Sar
Grao en Logopedia
Máster en Logopedia Clínica en DaNo NeurolóXico
Acreditación ADIR-R e ADOS-2
A medida que ía crecendo, a miña familia e amigos recalcábanme a miña empatía cos demais e, ao decidir estudar logopedia, aproveitei este trazo como un punto forte na miña carreira. Gústame poñerme no lugar das persoas coas que traballo priorizando as súas necesidades en todo momento. Formar parte dun equipo que persegue a igualdade de oportunidade do colectivo TEA me reconforta día a día.
Terapeuta OcupacionalAndrea Couce Canosa
Grao en terapia ocupacional
Máster en desenvolvemento infantil e atención temperá
Acreditación ADI- R
Compartir tempo, sorrisos e xogos é o camiño da aprendizaxe (aprender a aprender e querer aprender máis) así como a desenvolver as nosas diferentes capacidades. Como terapeuta ocupacional especialista en atención temperá e TEA, nese camiño me atoparás.
PedagogaCristina Sánchez-Agustino Barcia
Licenciada en pedagoxía
Graduada en psicoloxía
Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Enseñanza de Idiomas
Máster Universitario en Integración e Igualdade de Oportunidades
Acreditación ADOS-2
Dende pequena tiven unha forte motivación para axudar aos demais a mellorar as súas vidas, o que me levou a embarcarme nun camiño de estudo e formación permanente para poder facelo de maneira efectiva e profesional, abordando aspectos emocionais, cognitivos e conductuais, e adaptando técnicas e enfoques ás necesidades e circunstancias únicas de cada persoa.
Ao longo do tempo traballei con persoas diversas. Con todo, quero compartir contigo algo especial: non fui eu quen elixiu traballar con persoas con TEA, senón que elas elixíronme a min. Desde o primeiro momento sentín unha gran conexión. Díme conta de que o meu camiño profesional estaba destinado a brindar apoio e comprensión ás persoas no espectro, e elas pola súa banda outorgáronme o privilexio de presenciar cambios significativos. Sinto-me afortunada de acompañar ás persoas no seu desenvolvemento e crecemento.
DirectoraMarisol García Penalta
Son activista e defensora dos dereitos das persoas e dos animais. Para cambiar a sociedade debemos asumir a nosa propia responsabilidade, implicándonos e apoiando aos máis vulnerables. Encántame a natureza e gústame a cultura e a arte. Viaxar dáme liberdade e riqueza. Estou orgullosa de ser a nai dunha persoa marabillosa que loita por facer realidade os seus soños.
Datos/AdministraciónEmma Rivera Revuelta
Crecín e críeme nunha contorna de empresa familiar que forxou o meu carácter: son tenaz e comprométome co meu traballo ata o infinito e máis aló, valores ambos moi útiles se xestionas unha entidade do terceiro sector. En ASPERGA, a ilusión das persoas que me fun atopando contaxioume o virus da esperanza e as ganas de loitar por un mundo máis xusto.
AdministraciónLaura González Jareño
O meu pai era profesor de matemáticas e desde pequeniña o noso xogo favorito, nas longas viaxes en coche da época, era facer cálculo mental, buscar a forma máis rápida e útil para achar o bo resultado. A miña nai ꟷinquieta, decidida, resolutiva, protectoraꟷ coidaba de todos con amor, paciencia e dedicación. Así que aquí estou, coas dúas herdanzas nos meus xenes. Que mellor combinación para traballar nesta asociación.
Administración/ComunicaciónMarigel López Martínez
Nacer nunha familia numerosa e diversa, marca; sobre todo na organización e a empatía. Para min facer un bo traballo sempre vai acompañado da optimización do tempo dedicado a lograr un obxectivo. Isto se magnifica se o tipo de empresa pertence ao terceiro sector, onde sempre hai traballo que facer, proxectos que apoiar e información que absorber. O tempo libre e o silencio son esenciais para min. Os meus intereses son variados e moitos deles herdados, como dixen, a familia marca.
PresidentaRita González Fernández (cargo non remunerado)
O meu fillo Hugo e o meu labor en ASPERGA é do que máis orgullosa síntome da miña vida. Cambio a miúdo de corte e cor de pelo, pero se hai algo duradeiro e persistente en min é o meu sentido da responsabilidade e a miña implicación e enerxía para sacar adiante calquera proxecto que considere xusto e indispensable. En ASPERGA é lograr un verdadeiro futuro de inclusión para as persoas con SA/ TEA.
VicepresidentaMontse Triñanes Rodríguez (cargo non remunerado)
Considérome unha persoa traballadora, pero sobre todo loitadora. Ilusiónome con todo o que fago e sempre estou a aprender. Encántame ler e a miña gran afección é a cociña sa e ecolóxica, a mellor maneira de relaxarme. Para min é moi importante formar parte de ASPERGA porque aquí axudáronme a entender mellor ao meu fillo e a ser mellor nai.
TesoreiroJosé Manuel Marcote Lago (cargo non remunerado)
Son unha desas persoas con asperxer ás que diagnosticaron cando era xa adulto. Por iso, por experiencia propia, se o importante que é proporcionar ferramentas canto antes para fomentar as calidades das persoas con SA/ TEA e lograr mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Sempre me dediquei á xestión e intento achegar todo o que sei e o mellor de min mesmo a ASPERGA.
Vogal e secretariaHerminia Barcia Pérez (cargo non remunerado)
Organizada, loitadora, agradecida e con empatía cara ás persoas máis vulnerables. Creo na xustiza e na igualdade, e gozo da liberdade coa miña familia e dos logros que o meu fillo consegue día a día. Fun testemuña da evolución de ASPERGA desde que naceu e admiro o seu traballo e como, aos poucos, vai alcanzando os obxectivos que se propón. Por iso éncheme de orgullo e ilusión formar parte agora da súa directiva.
VogalBreixo Santa García (cargo non remunerado)
Metade español e metade estadounidense, diagnosticáronme con SA/ TEA aos dez anos e tamén son TDA e disléxico, o cal non me impediu converterme nunha boa persoa, perseverante e sen medos, e traballar como técnico de Windows para unha gran compañía como Microsoft. Apaixónanme a tecnoloxía, o cinema de ciencia ficción, os videoxogos, o manga e o cosplay. E adoro a música. Aprendín a tocar o saxofón e agora estou a experimentar de maneira autodidacta co baixo, o ukelele e a balalaica.