BOLSAS E AXUDAS
Bolsas e axudas pARA PERSOAS AUTISTAS E AS SÚAS FAMILIAS
Trámites, bolsas e axudas ás que pode acceder e solicitar
COMO OBTER O CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE
Ofrecemos información e orientación sobre os trámites para o recoñecemento do grado de discapacidade.
Ver pdf completo
Como obter o certificado de discapacidade por autismo, Asperxer e outros TEA
• Sen límite de idade, EVO (Equipo de Valoración e Orientación) e ≥33%
Tramitación
Daráselles prioridade ás solicitudes urxentes polos seguintes motivos debidamente xustificados:
– Acceso ao emprego e a ensinos regrados onde exista reserva de prazas para persoas con discapacidade.
– Solicitudes de axudas/subvenciones sometidas a prazos.
– Menores de 18 anos e maiores de 90 anos.
– Pensión non contributiva ou prestación por fillo a cargo.
– Caducidade da valoración do grao de discapacidade.
– Existencia dun procedemento aberto, xudicial ou administrativo, relativo a violencia de xénero, que poida verse afectado polo recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.
PRESTACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL POR FILLO A CARGO
Fillos ou menores a cargo, menores de 18 anos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
1000,00 euros anuais por fillo (250,00 euros trimestrais). *
Fillos maiores de 18 anos e cunha discapacidade igual ou superior ao 65%
4.704,00 euros anuais por fillo (392,00 euros mensuais). *
Fillos maiores de 18 anos e cunha discapacidade igual ou superior aos 75%
Fillos con 18 ou máis anos afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75% e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesiten o concurso doutra persoa para realizar os actos vitais máis elementais como vestirse, desprazarse, comer ou análogos: 7.056,00 euros anuais por fillo (588,00 euros mensuais). *
Non se esixe nestes casos límite de recursos económicos
BOLSAS EDUCACIÓN E AXUDAS SANITARIAS
Información e tramitación para solicitar Bolsas para Alumnos con Necesidades Específicas de Apoio Educativo
Ver pdf completo
BECAS NEAE DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Axudas destinadas ó alumnado escolarizado que acredite a necesidade de recibir apoio educativo.
TARXETA AA
Trátase dunha tarxeta que trata de minimizar no posible as esperas nas consultas de centros de saúde e permitir aos seus acompañantes ou coidadores o acompañamento permanente.
BENEFICIOS FISCAIS E/OU VENTAXAS
Prestacións económicas recoñecidas pola Seguridade Social ( PNC).
• IRPF. (1200€ ao ano).
• Imposto de Sucesións e doazóns.
• Título de familia numerosa.
• Comedor escolar .
• Escolas Infantís, Formación profesional e outros ensinos regrados (Reserva de prazas).
• Contratación en empresas (Bonificación nas cotizacións sociais a cargo do empresario a partir dun 33% de discapacidade).
• Tarxeta dourada RENFE.
• Transporte público de Galicia.
• Reserva de prazas en convocatorias de oposicións.
• Axudas para a promoción da autonomía persoal da Xunta de Galicia.
CÓMO OBTER O RECOÑECEMENTO DE VALORACIÓN DE DEPENDENCIA
Informamos sobre a valoración de dependencia e asesoramos sobre a documentación e os trámites necesarios para poder solicitala.
Ver pdf completo
SITUACIÓN DEPENDENCIA
Téñense que dar tres situacións para considerar unha persoa en situación de dependencia:
1- A existencia dunha limitación (física, psíquica ou sensorial)
2- A incapacidade de realizar por se mesma as ABVD
3- A necesidade da axuda dunha terceira persoa.
Prestacións e servizos
Os servizos son os que figuran no catálogo de servizos: Teleasistencia, atención diúrna, atención residencial e ademais o Servizo Galego de apoio á mobilidade.
Prestacións:
– Libranza para coidados na contorna familiar.
– Libranza de asistente persoal.
– Libranza para a adquisición dun servizo.
PIA E PAR
O prazo da resolución son 6 meses.
O PIA é o Programa Individual de Atención é un informe que elaboran o órgano de valoración visto o informe sobre condicións de saúde e o informe social.
O PAR é o instrumento a través do cal a Consellería establece a prioridade no acceso público dos servizos.