SERVIZOS ASPERGA

OCIO E DEPORTES

TEMPO DE LECER

NOVASOrganizamos actividades e talleres de lecer para usuarios/as e socios/as de ASPERGA ao longo de todo o ano. Con este programa queremos fomentar o gusto polas afeccións e establecer relacións sociais.


Os grupos son reducidos e adaptados ás idades e características das persoas rexistradas. Este programa leva a cabo tanto no noso centro de A Coruña como no noso centro de Santiago de Compostela.

Estas actividades e obradoiros levaranse a cabo, de maneira xeral, os sábados pola mañá e estarán adaptadas ás características das persoas inscritas.

CUSTO
O custo deste servizo (organización, coordinación, acompañamento…) é gratuíto por parte da asociación. O custo do desprazamento en bus urbano ou as actividades tipo escape-room, entradas, etc., correrán a cargo dos/as participantes. Desde ASPERGA sempre escolleremos aquelas actividades e talleres que, dentro dos intereses dos nosos usuarios e das nosas usuarias, sexan alcanzables economicamente.

SE DESEXA INFORMACIÓN SOBRE AS PRÓXIMAS ACTIVIDADES, CONSULTA AS NOSAS
–>NOVAS 

FÚTBOL – ASPERGA F.C

Volve o ASPERGA TEAM! Volven os adestramentos do mellor equipo de fútbol sala. Queremos seguir movendo o noso corpo e traballar en equipo, é por iso que cremos que o fútbol é un dos deportes idóneos! 

Para a próxima tempada temos moitas novidades que esperemos que os motiven polo que nos gustaría contar con tod@s e seguir crecendo xunt@s coma equipo.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

MERGÚLLATE

Clases de natación dirixidas a persoas de todas as idades con TEA de apoio 1, en grupos reducidos e cunha metodoloxía adaptada ao colectivo e aos ritmos individuais de aprendizaxe. Desta maneira, ofrecemos a posibilidade de practicar deporte no medio acuático proporcionando unha sensación de ingravidez debido a que a flotación converte á natación, xunto con outras características propias da auga, nun deporte de baixo impacto que estimula todos os grupos musculares do corpo, contribuíndo ao desenvolvemento psicomotor e beneficiando de maneira directa a saúde outorgando múltiples sensacións de benestar.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

ADESTRADOR PERSOAL

En ASPERGA sempre estamos innovando e probando cousas novas, para este vindeiro curso 23/24 imos poñer en marcha o proxecto de adestramento persoal. 

Como serán os adestramentos? Terás diferentes opcións; poderás ir cun grupo reducido (máximo 5 persoas) ou facer un plan totalmente individualizado. Tamén dependendo da disponibilidade do adestrador poderás elexir ti a hora e o día. Traballaremos as diferentes capacidades físicas básicas e poñeremos a funcionar todolos músculos. Tamén aprenderemos a usar os aparatos e máquinas do ximnasio.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

ACTIVA O TEU CORPO – MÓVETE

Espazo de familiarización coas actividades deportivas, no que fomentaremos hábitos de vida saudable e melloraremos a condición física, a través de xogos pre-deportivos e a iniciación a diferentes disciplinas deportivas de forma atractiva, divertida e dinámica.

En base ás características das persoas con TEA/SA, nesta actividade trabállase específicamente o desenvolvemento de habilidades sociomotrices, a maiores das capacidades físicas básicas, as habilidades motrices e destrezas básicas, realizando unha planificación anual na cal se expoñen sesións dinámicas e participativas, ofrecendo unha gran variedade de experiencias motrices.

Desta maneira creamos unha base motriz nos participantes que achegue confianza e seguridade en si mesmos facía a interacción social a través do deporte, necesarias para un proceso real de inclusión social.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

URBANcamp (A Coruña / Santiago de Compostela)

ECOcamp (campamento de pernocta)