Go up

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2024

Actividades

Dende ASPERGA, xa vos podemos trasladar a boa nova de que este verán de 2024, vamos a realizar os seguintes campamentos:

ECOCAMP

Dirixido a persoas con diagnóstico de TEA/SA. Participación por orde de inscrición con prioridade para persoas usuarias e socias de ASPERGA.

  • Localización: Albergue Eco Turístico Alvarella, en Centroña.
  • GRUPO 1 / ADOLESCENTES (de 14 a 17 anos): do luns 1 ao sábado 6 de xullo.
  • GRUPO 2 / ADULTOS (de 18 a 25 anos): do luns 8 ao sábado 13 de xullo.
  • Prezo: 400€.
  • Participantes: máximo de 12 participantes por cada grupo.
  • Obxectivos: mellorar a calidade de vida das persoas participantes ofrecendo unha intervención integral.
  • Metodoloxía: este campamento centrarase nas capacidades, habilidades e necesidades das persoas participantes, cun enfoque activo, participativo, dinámico, flexible e lúdico.
  • Equipo técnico: estará formado por profesionais sanitarios, educadores sociais e pedagogos da asociación, con experiencia en tempo libre e lecer.

–> PINCHA AQUÍ INSCRICIÓN ECOCAMP

–> PINCHA AQUÍ DOSSIER INFORMATIVO ECOCAMP

URBANCAMP – A CORUÑA

Campamento inclusivo. Con prioridade de participación a persoas usuarias e socias de ASPERGA.

  • Localización: cidade de A CORUÑA e contorna.
  • Idades: persoas de 8 a 13 anos.
  • Prezo: 80€ cada semana.
  • Datas: as catro primeiras semanas de xullo de luns a venres.
  • Horario: de 09:00 a 14:00 horas.
  • Obxectivos: fomentar a participación na comunidade, para o continuo desenvolvemento das habilidades sociais e persoais dos nenos e nenas nunha cotorna real.
  • Metodoloxía: intervención holística e integral centrada nas personas e as súas capacidades e necesidades, cun enfoque lúdico, participativo inclusivo e tolerante.
  • Equipo técnico: profesionais sanitarios, sociosanitarios, do ámbito social e educativo da asociación e persoal voluntario.

–> PINCHA AQUÍ INSCRICIÓN URBANCAMP A CORUÑA

–> PINCHA AQUÍ DOSSIER INFORMATIVO URBANCAMP A CORUÑA

URBANCAMP – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Campamento inclusivo. Con prioridade de participación a persoas usuarias e socias de ASPERGA.

  • Localización: cidade de Santiago de Compostela e contorna.
  • Destinatarios: persoas de 8 a 16 anos.
  • Prezo: 80€ cada semana.
  • Datas: do luns 8 de xullo ao venres 12 de xullo.
  • Obxectivos: fomentar a participación na comunidade, para o continuo desenvolvemento das habilidades sociais e persoais dos nenos e nenas nunha cotorna real.
  • Metodoloxía: intervención holística e integral centrada nas personas e as súas capacidades e necesidades, cun enfoque lúdico, participativo inclusivo e tolerante.
  • Equipo técnico: profesionais sanitarios, sociosanitarios, do ámbito social e educativo da asociación e persoal voluntario.

–> PINCHA AQUÍ INSCRICIÓN URBANCAMP SANTIAGO DE COMPOSTELA

–> PINCHA AQUÍ DOSSIER INFORMATIVO URBANCAMP SANTIAGO DE COMPOSTELA