Este proxecto nace coa intención de renovar o material do que ASPERGA conta para poder seguir realizando unha correcta atención socio sanitaria, xa que moitas veces as ferramentas necesarias para traballar contan con deterioros importantes debido ao uso ou convírtense en probas obsoletas.
O material que empregamos en ASPERGA para Valoracións Específicas de TEA e outras valoracións como Valoración Logopédica ou Valoración de Terapia Ocupacional, quedaron desfasados e anticuados, por iso foi necesario adquirir uns novos.
Entre as ferramentas e materias empregados nas valoracións, destacan os test de intelixencia, emocionais e de conduta, neuropsicolóxicos e de funcións executivas e lóbulos frontais, de desenvolvemento comunicativo, etc., cuxo alto prezo do mervado dificulta a continua actualización dos mesmos.
Grazas a colaboración de REPSOL, foinos posible actualizar dito material e incorporar novos test aos xa existentes, tanto no centro de A Coruña como no de Santiago de Compostela.