Go up

REUNIÓN: PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN – ÁNGEL CARRACEDO E MONTSE FERNÁNDEZ

Novas

O vindeiro sábado, 18 de novembro, vaise a realizar en Santiago de Compostela, unha reunión con Ángel Carracedo, na cal expoñerá os proxectos xenéticos de busqueda da causalidade xenética do TEA, para despois responder as preguntas dos asistentes. Posteriormente, Montse Fernández explicará novas liñas de investigación cognitiva que se están levando a cabo e nas cales vos convidan a participar. 

  • Data: 18 de novembro
  • Horario: de 11:00 a 12:00 (horario orientativo, xa que pode variar dependendo das preguntas que teñan os asistentes)
  • Lugar: CiMUS ( Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas)
  • Prazas: limitadas
  • Prezo: de balde

PRE-INSCRIPCIÓNS: PREMA NA LIGAZÓN