TEMPO DE LECER – 25 DE NOVEMBRO

Apoyo al TEA

Dende ASPERGA, queremos seguir motivando as persoas a ter unha forma de vida activa, por iso, imos organizar en colaboración co Concello de Betanzos , unha andaina duns 3,5 kms.

O roteiro que vos propoñemos forma parte dos “Sendeiros” do Concello de Betanzos. É un roteiro circular por lugares interesantes a nivel etnográfico e histórico, e tamén de natureza, inda que practicamente todo o percorrido é por asfalto e pedra (así que non vos preocupedes no caso de que esté mollado). Recorreremos os Muiños da Caraña e parte do Camiño Inglés de Santiago e iremos acompañados polo Técnico de Deportes do Concello de Betanzos.oñecer novos lugares

  • TAREFA: De balde.
  • DATA: 25 de novembro.
  • SAÍDA: 10:00. Na entrada ao porto de Betanzos, o lado do clube de piragüismo.
  • CHEGADA: Ao mesmo punto de saída.
  • DISTANCIA: 3,5 km.
  • DURACIÓN: Menos de dúas horas.
  • DIFICULTADE: Baixa
  • Pode participar calquiera persoa que teña ganas de camiñar e coñecer novos lugares.

INSCRIPCIÓNS: PREMA NESTA LIGAZÓN

TEMPO DE LECER – 18 de NOVEMBRO

Apoyo al TEA

Nesta nova data do TEMPO DE LECER, vamos a acudir a CIDADE DA CULTURA para facer unha visita arquitectónica guiada. Será un percorrido que durará 1h aproximadamente e onde descubriremos tamén os espazos verdes do monte Gaiás e disfrutaremos das vistas panorámicas de Santiago de Compostela , logo aproveitaremos para charlar acerca da visita e facer algún xogo tradicional.

  • Lugar: Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Hora: de 11:15 – 13:15 
  • Idade: de 8-14 anos
  • Prezo: De balde
  • Prazas: limitadas
  • SÓ PERSOAS USUARIAS E SOCIAS DE ASPERGA

INSCRIPCIÓNS: PREMA NASTA LIGAZÓN

ACTO BAIXO O MESMO PARAUGAS

Apoyo al TEA

O vindeiro domingo 3 de decembro, é o Día Internacional das persoas con discapacidade, é por iso, que dende ASPERGA, novamente sumámonos a iniciativa de BAIXO UN MESMO PARAUGAS, conformada por preto de 100 entidades sociales de Galicia, que dende o ano 2016 estamos unidas para celebrar esta data.

Celebrarase un acto o propio día (3 de decembro) en A Coruña, as 12:00h en O Parrote.

Ademáis, queremos invitarvos a participar na campaña deste ano!

Pódesnos axudar da seguinte maneiras:

  • -Collendo un paraugas colorido e grabando un vídeo corto (de non máis de 15 segundos), no que ti ou máis persoas digades mensaxes positivas a favor das persoas con discapacidade, igualdade, inclusión… Dámosche un exemplo! Pero podes facelo como a ti máis che guste

  • -Comparte o vídeo nas túas redes sociais cos hashtags #BaixoOMesmoParaugas #AbreTuParaguas #Diversidad #Discapacidad entre o 27 de novembro e o 3 de decembro, e etiqueta a: @galiciadiversa

  • -Se prefieres, podes enviarlles o vídeo e eles publicarano (co envio do vídeo, a persoa ou colectivo que o envie autoriza o uso de imaxe de todas as persoas que aparezan nel, tanto adultos como menores). A dirección de envío sería a seguinte:  discapacidadcoruna@gmail.com ou por whatsapp no: 626 269 823

Animámosvos a todos a participar! ABRE O TEU PARAUGAS POLAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE!

REUNIÓN: PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN – ÁNGEL CARRACEDO E MONTSE FERNÁNDEZ

Apoyo al TEA

O vindeiro sábado, 18 de novembro, vaise a realizar en Santiago de Compostela, unha reunión con Ángel Carracedo, na cal expoñerá os proxectos xenéticos de busqueda da causalidade xenética do TEA, para despois responder as preguntas dos asistentes. Posteriormente, Montse Fernández explicará novas liñas de investigación cognitiva que se están levando a cabo e nas cales vos convidan a participar. 

  • Data: 18 de novembro
  • Horario: de 11:00 a 12:00 (horario orientativo, xa que pode variar dependendo das preguntas que teñan os asistentes)
  • Lugar: CiMUS ( Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas)
  • Prazas: limitadas
  • Prezo: de balde

PRE-INSCRIPCIÓNS: PREMA NA LIGAZÓN

PROXECTO TEST-TEA

Apoyo al TEA

Este proxecto nace coa intención de renovar o material do que ASPERGA conta para poder seguir realizando unha correcta atención socio sanitaria, xa que moitas veces as ferramentas necesarias para traballar contan con deterioros importantes debido ao uso ou convírtense en probas obsoletas.

O material que empregamos en ASPERGA para Valoracións Específicas de TEA e outras valoracións como Valoración Logopédica ou Valoración de Terapia Ocupacional, quedaron desfasados e anticuados, por iso foi necesario adquirir uns novos.

Entre as ferramentas e materias empregados nas valoracións, destacan os test de intelixencia, emocionais e de conduta, neuropsicolóxicos e de funcións executivas e lóbulos frontais, de desenvolvemento comunicativo, etc., cuxo alto prezo do mervado dificulta a continua actualización dos mesmos.

Grazas a colaboración de REPSOL, foinos posible actualizar dito material e incorporar novos test aos xa existentes, tanto no centro de A Coruña como no de Santiago de Compostela.

Bautismo de escalada

Campamentos para personas con trastorno del espectro autista

Realizaremos un bautismo de ESCALADA para dar a coñecer un pouco máis esta actividade e animarvos a practicala!

  • Data: Sábado 4 de novembro
  • Horario: 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00
  • Idade: para todas a partir de 7 anos (adultos/as incluidos/as)
  • Lugar: Polideportivo Multiusos de la Ciudad Deportiva de Riazor

SÓ USUARIOS/AS DE ASPERGA

GRATUITA

INSCRIPCIÓN: PREMA NESTE ENLACE

Apoio integral a coidadoras no municipio da Coruña

Campamentos para personas con trastorno del espectro autista

Es ou fuches coidadora de persoas en situación de dependencia? CIUDADANAS é o teu proxecto


Dende o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Municipio de A Coruña de Fundación Mujeres financiado polo Concello de A Coruña, levamos a cabo uns obradoiros dirixidos a mellorar a calidade de vida das coidadoras de familiares en situacións de dependencia


As datas serán as seguintes, no horario de 10:30h a 12:30h

  • Os xoves 19 e 26 de outubro
  • Os xoves 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro

GRATUITA

INSCRIPCIÓN: PREMA NESTE ENLACE