Go up

IRPF – HABILIDADES SOCIAIS

Novas

En 2024, a Xunta concedeu, a través da Federación Autismo Galicia, unha subvención para Programas de Interese Social, financiada con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, xestionada pola Consellería de Política Social. Esta subvención permite desenvolver proxectos que teñen un impacto directo na mellora da calidade de vida das persoas con TEA e das súas familias.

Un dos programas clave que estamos a realizar grazas a esta axuda son os talleres de habilidades sociais, que teñen como obxectivo fortalecer a comunicación, a interacción social e a xestión emocional das persoas con trastorno do espectro autista. Nestes talleres, traballamos de maneira dinámica e adaptada ás necesidades de cada participante, proporcionando ferramentas esenciais para mellorar a súa autonomía, favorecer a súa inclusión na sociedade e facilitar unha mellor comprensión das relacións interpersoais.

Os talleres están deseñados para que cada persoa poida desenvolver o seu potencial e aprender a manexar situacións cotiás, sempre dentro dun entorno seguro e de apoio.