Go up

INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Novas

A continuación, vamos a facer unha breve explicación de todos os recursos que ofertamos no servizo de Atención Temperá para apoiar o desenvolvemento integral dos/as máis pequenos/as

LOGOPEDIA:

Desenvolvemento da linguaxe:

Traballan na mellora da comprensión e expresión verbal e non verbal, empregando técnicas adaptadas a cada neno/a.

Comunicación alternativa:

Introducen e ensinan o emprego de sistemas de comunicación aumentativa e alternativa (CAA), como pictogramas, signos ou dispositivos electrónicos, para facilitar a comunicación.

Xogos e actividades lúdicas:

Co emprego de xogos e actividades lúdicas fomentan a imitación, a toma de turnos e a interacción verbal, coa intención de mellorar as habilidades comunicativas dun xeito divertido e motivante.

PSICOLOXÍA:

Apoio emocional:

Brindan apoio emocional ao neno/a, axudándolles a identificar e xestionar as súas emocións, mellorar a súa autoestima e desenvolver habilidades de afrontamento.

Intervención en comportamentos desafiantes:

Identifican e traballan comportamentos desafiantes, coa intención de xestionar o comportamento.

Desenvolvemento cognitivo:

Realizan actividades e xogos que estimulen o desenvolvemento cognitivo, como a memoria, a atención, a resolución de problemas e o pensamento crítico.

TERAPIA OCUPACIONAL:

Desenvolvemento da motricidade fina e grosa:

Traballar na mellora das habilidades motoras finas (como a escritura e o uso de utensilios) e grosas (como correr e saltar) a través de actividades específicas e xogos

Integración sensorial:

Axudar ao neno/a a procesar e responder de maneira adecuada aos estímulos sensoriais mediante técnicas de integración sensorial.

Fomento da autonomía en actividades da vida diaria:

Ensinar habilidades prácticas para a vida diaria, como vestirse, alimentarse e hixiene persoal, promovendo a independencia e a autoconfianza.

HABILIDADES SOCIAIS:

Terapia de grupo:

Sesións onde o grupo de persoas participantes poidan practicar as súas habilidades sociais, como a toma de turnos, o compartir, o xogo e a resolución de conflitos.

Xogos de rol e representación:

Utilizando os xogos de rol e representación para ensinar e practicar habilidades sociais, mellorando a empatía e a comprensión social.

Practica de normas sociais:

Ensinar e practicar as normas sociais básicas, como saudar, despedirse, dar as grazas e pedir axuda, mediante xogos e representacións de situacións cotiás.

PEDAGOXÍA:

Desenvolvemento da lectoescritura:

Traballar na adquisición de habilidades da lectoescritura a través de métodos e materiais adaptados.

Estratexias de ensino inclusivo:

Implementar estratexias de ensino inclusivo que fomenten a participación activa e a aprendizaxe significativa para todos os nenos/as.

Fomento da motivación e do interese:

Utilizar técnicas e actividades que motiven ao neno/a e esperten o seu interese, facendo que o proceso de aprendizaxe sexa máis atractivo e eficaz.