Go up

CONSELLOS: ATENCIÓN TEMPERÁ

Novas

A atención temperá é crucial para o desenvolvemento e benestar dos nenos/as con autismo. A continuación, presentamos unha serie de consellos prácticos para familias e coidadores/as para apoiar aos/as seus/súas pequenos/as desde as primeiras etapas:

1- Fomentar a comunicación:

  • Empregar pictogramas ou sistemas de comunicación alternativa e aumentativa para facilitar a expresión e comprensión do neno ou nena no caso de ser precisa.
  • Utilizar o reforzo positivo e eloxios para motivar a comunicación e reforzar os logros.

2- Manexo de comportamentos desafiantes:

  • Implementar estratexias de control de estímulos para reducir as situacións de sobreestimulación que poden desencadear comportamentos desafiantes.
  • Establecer rutinas claves e previsibles para axudar aos neno ou nena a sentirse seguro e reducir a ansiedade.

3- Promover a autonomía:

  • Ensinar habilidades de autoaxuda e independencia, como vestirse, lavar as mans ou facer tarefas domésticas simples, adaptadas ás súas necesidades e capacidades.
  • Ofrecer oportunidades para que o neno/a poida tomar pequenas decisións no seu día a día, como escoller a roupa que quere poñer, decidir que xogo quere xogar ou participar na planificación das comidas

4- Favorecer a interacción social:

  • Organizar xogos e actividades estruturadas con compañeiros de idade similar para practicar habilidades sociais e desenvolver amizades.
  • Utilizar xogos de rol ou representación para ensinar habilidades de empatía e comprensión social.

5- Crear un ambiente acolledor:

  • Modificar o entorno do fogar para minimizar os estímulos sensoriais excesivos que poden causar estrés ou ansiedade no neno/a.
  • Dispoñer de recursos e materiais adaptados ás necesidades do neno/a, como libros ilustrados, xoguetes sensoriais, materiais educativos interactivos e ferramentas de comunicación visual.

6. Aprendizaxe respetuoso:

  • Adaptar o ensino aos tempos individuais de cada neno/a, evitando a presión e permitindo que cada un avance ao seu propio ritmo.
  • Crear un entorno de aprendizaxe onde o neno/a se sinta seguro e valorado, evitando críticas negativas e fomentando a expresión de ideas e sentimentos.

7- Coidar a saúde mental das familias:

  • Animar aos pais e coidadores a dedicar tempo ao autocoidado, xa sexa a través de actividades recreativas, exercicio físico, meditación ou simplemente descansando.
  • Participar en grupos de apoio, terapia familiar ou buscar asesoramento profesional para xestionar o estrés e as emocións asociadas ao coidado dun neno/a con autismo.