Go up

ACTO BAIXO O MESMO PARAUGAS

Novas

O vindeiro domingo 3 de decembro, é o Día Internacional das persoas con discapacidade, é por iso, que dende ASPERGA, novamente sumámonos a iniciativa de BAIXO UN MESMO PARAUGAS, conformada por preto de 100 entidades sociales de Galicia, que dende o ano 2016 estamos unidas para celebrar esta data.

Celebrarase un acto o propio día (3 de decembro) en A Coruña, as 12:00h en O Parrote.

Ademáis, queremos invitarvos a participar na campaña deste ano!

Pódesnos axudar da seguinte maneiras:

  • -Collendo un paraugas colorido e grabando un vídeo corto (de non máis de 15 segundos), no que ti ou máis persoas digades mensaxes positivas a favor das persoas con discapacidade, igualdade, inclusión… Dámosche un exemplo! Pero podes facelo como a ti máis che guste

  • -Comparte o vídeo nas túas redes sociais cos hashtags #BaixoOMesmoParaugas #AbreTuParaguas #Diversidad #Discapacidad entre o 27 de novembro e o 3 de decembro, e etiqueta a: @galiciadiversa

  • -Se prefieres, podes enviarlles o vídeo e eles publicarano (co envio do vídeo, a persoa ou colectivo que o envie autoriza o uso de imaxe de todas as persoas que aparezan nel, tanto adultos como menores). A dirección de envío sería a seguinte:  discapacidadcoruna@gmail.com ou por whatsapp no: 626 269 823

Animámosvos a todos a participar! ABRE O TEU PARAUGAS POLAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE!