Go up

3 DE DECEMBRO – ACTO BAIXO UN MESMO PARAUGAS

Actividades

Baixo un mesmo paraugas pola diversidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o vindeiro martes 3 de decembro, ás 12:00 horas, celebrarase o acto “Baixo un mesmo paraugas” no Parrote, A Coruña.

Este evento, que xa se consolidou como un símbolo de unión e inclusión, busca visibilizar a diversidade e reivindicar unha sociedade máis igualitaria e respectuosa coas diferenzas. Durante o acto, crearase unha gran “paraguada” como mostra de apoio e compromiso coa inclusión das persoas con discapacidade.

Desde ASPERGA, animámosvos a participar e a levar o voso paraugas para unirnos a esta xornada tan especial.

  • Lugar: O Parrote, A Coruña
  • Hora: 12:00 horas
  • Data: Martes, 3 de decembro

Este acto é unha oportunidade para demostrar o noso apoio e reforzar o noso compromiso cunha sociedade máis inclusiva.

Non faltedes. Xuntos e xuntas baixo un mesmo paraugas pola diversidade.