Go up

III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2024

Actividades

Un ano máis, volvemos co CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DE ASPERGA. A continuación, teredes a información:

PRESENTACIÓN E ENTREGA DAS OBRAS:

  • Inscrición: ata o 11 de decembro, 20:00 horas.
  • Entrega das obras: ata o 11 de decembro, 20:00 horas.
  • Como presentar a postal:
    • En sobre pechado, indicando “III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DE ASPERGA” e un pseudónimo do autor/a no exterior.
    • Dentro do sobre: o debuxo e a folla de inscrición cumprimentada e asinada, incluíndo a autorización para exposición.
  • O concurso celebrarase tanto na sede de SANTIAGO DE COMPOSTELA como na de CORUÑA.

XURADO:

  • 3 finalistas por categoría; 1 gañador/a en cada categoría.
  • Valorarase orixinalidade, creatividade e técnica.
  • Veredicto: luns 16 de decembro, nas redes sociais de ASPERGA.

EXPOSICIÓN E ENTREGA DE PREMIOS: 

  • Exposición: Do 16 de decembro ao 10 de xaneiro de 2025 en ASPERGA (sede de A Coruña ou Santiago).
  • Entrega de premios: 20 de decembro, 17:00 horas, en ambas sedes de forma simultánea.

CESIÓN DE DEREITOS: 

  • Os participantes ceden os dereitos de explotación a ASPERGA para reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

O formulario de inscrición, poderédes solicitalo nas distintas sedes de ASPERGA e tamén está adxuntado neste mesmo correo (o cal deberedes cubrir dependendo da idade da persoa que participe).

PREMA AQUÍ PARA CONSULTAR AS BASES COMPLETAS!