SERVIZOS ASPERGA

XUNTANZA SOCIAL

SAÍDAS AO AIRE LIBRE, OCIO, XOGOS DE MESA…

XUNTANZA SOCIAL PARA MAIORES DE 18 ANOS

En ASPERGA, cremos que é moi positivo compartir os nosos gustos e aficións, e é por iso que nas nosas Xuntanzas Sociais propiciamos un ambiente propicio para poder gozar de diversas actividades. A nosa organización dedícase a fomentar a conexión e a interacción entre persoas que comparten un interese común, promovendo así a creación de comunidades e relacións enriquecedoras.

Esta actividade desenvolvese de forma semanal, tanto en A Coruña como en Santiago de Compostela, e é gratuito. 

Dentro das temáticas que se desenvolven, podemos destacar: 

  • Pintura e artes plásticas
  • Ocio e cultura: exposicións, museos, etc
  • Gamers: virus, munchkin, catán, carssonne, risk, etc
  • Xogos de mesa e bar: bolera, futbolín, billar, dardos, etc

 

Os participantes poderán estar en tantos grupos como eles queiran, en un, dous, tres ou nos catro. Cada temática realizarase un martes ao mes, é dicir, cada grupo reunirase unha vez ao mes. 
Estas oportunidades de socialización axudan a promover a inclusión e a crear unha rede de apoio mutuo entre os participantes.

 

Actividade incluida dentro do “Programa de Atención a Persoas con TEA” da Federación Autismo Galicia , Subvencionado pola Conselleria de Politica Social da Xunta de Galicia