CAMPAMENTO CON PRIORIDADE DE PARTICIPACIÓN A PERSOAS USUARIAS E SOCIAS DE ASPERGA.
Actividade financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024
-> PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER A INSCRICIÓN
- Localización: Cidade da Coruña e arredores
- Idades: persoas de 8 a 13 anos
- Datas: as 5 semanas de xullo de luns a venres
- Horario: de 9.00h a 14.00h
- Prezo: 100€/semana (a excepción das dúas últimas semanas, que serán 80€/semana)
- Obxectivos:fomentar a participación na comunidade, para o continuo desenvolvemento das habilidades sociais e persoais dos nenos e nenas nunha cotorna real.
- Metodoloxía: intervención holística e integral centrada nas personas e as súas capacidades e necesidades, cun enfoque lúdico, participativo inclusivo e tolerante.
- Equipo técnico: profesionais sanitarios, sociosanitarios, do ámbito social e educativo da asociación e persoal voluntario.
- Actividades: están deseñadas para fortalecer os vínculos de grupo e favorecer as relacións sociais de maneira natural e significativa. Incluirá propostas deportivas, acuáticas e lúdicas adaptadas a todos os niveis, con especial atención ás desenvolvidas en contornos ao aire libre como a praia. Ademais, haberá dinámicas cooperativas, xogos por equipos e retos que promovan a autonomía, o traballo en grupo e o respecto pola diversidade.