-> PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER A INSCRICIÓN
AS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE ASPERGA TERÁN PRIORIDADE NESTE CAMPAMENTO
- Localización: A Coruña (Rúa Juan de la Cierva, 5)
- Datas: as cinco semanas de xullo de luns a venres
- Horario: de 9.00h a 14.00h
- Prezo:
- Asistencia 1 semana: 300 €/semana
- Asistencia 2 semanas: 250 €/semana (se algunha das semanas coincide coas dúas últimas de xullo: esa semana será 225€ e a outra 250€)
- Asistencia de 3 ou mais semanas: 220 €/semana (se algunha das semanas coincide coas dúas útlimas de xullo: esa semana será 190€ as demáis 220€)
- Obxectivos: mellorar a calidade de vida das persoas participantes ofrecendo unha intervención integral.
- Metodoloxía: centrarase nas capacidades, intereses e necesidades de cada neno e nena, cun enfoque activo, participativo, dinámico, flexible e lúdico. As intervencións estarán adaptadas ao momento evolutivo das crianzas, promovendo a aprendizaxe a través do xogo e da experimentación.
- Equipo técnico: estará formado por profesionais sanitarios, educadores sociais e pedagogos da asociación.
- Actividades: As actividades estarán orientadas a favorecer o desenvolvemento sensorial, motor, comunicativo, cognitivo e emocional das crianzas, sempre a través do xogo libre e estruturado. Proporanse experiencias en contornos naturais e ao aire libre que estimulen a curiosidade, a exploración e a interacción co medio. A través da convivencia e da participación activa, crearase un espazo de coidado que promova a autonomía, o benestar e as primeiras relacións sociais, adaptándose ao ritmo e ás necesidades de cada participante.