SERVIZOS ASPERGA

OCIO E DEPORTES

TEMPO DE LECER

Organizamos actividades e talleres de lecer para persoas socias e usuarias de ASPERGA ao longo de todo o ano. Con este programa queremos fomentar o gusto polas afeccións e establecer relacións sociais.


Os grupos son reducidos e adaptados ás idades e características das persoas rexistradas. Este programa leva a cabo tanto no noso centro de A Coruña como no noso centro de Santiago de Compostela.

Estas actividades e obradoiros levaranse a cabo, de maneira xeral, os sábados pola mañá e estarán adaptadas ás características das persoas inscritas.

CUSTO
O custo deste servizo (organización, coordinación, acompañamento…) é gratuíto por parte da asociación. O custo do desprazamento en bus urbano ou as actividades tipo escape-room, entradas, etc., correrán a cargo dos/as participantes. Desde ASPERGA sempre escolleremos aquelas actividades e talleres que, dentro dos intereses dos nosos usuarios e das nosas usuarias, sexan alcanzables economicamente.

SE DESEXA INFORMACIÓN SOBRE AS PRÓXIMAS ACTIVIDADES, CONSULTA AS NOSAS
–>NOVAS 

FÚTBOL – ASPERGA F.C

Volve o ASPERGA TEAM! Volven os adestramentos do mellor equipo de fútbol sala. Queremos seguir movendo o noso corpo e traballar en equipo, é por iso que cremos que o fútbol é un dos deportes idóneos! 

Para a próxima tempada temos moitas novidades que esperemos que os motiven polo que nos gustaría contar con tod@s e seguir crecendo xunt@s coma equipo.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco. Dispoñible no centro de A Coruña.

TALLER DE XADREZ

O xadrez é un deporte onde se entrea a flexibilidade mental, de tal maneira que as persoas participantes aprenderán a elaborar diferentes plans de actuación, adaptarse a diferentes situacións e impulsalos na elaboración da toma de decisións.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco. Dispoñible no centro de A Coruña.

MERGÚLLATE

Clases de natación dirixidas a persoas de todas as idades con TEA de apoio 1, en grupos reducidos e cunha metodoloxía adaptada ao colectivo e aos ritmos individuais de aprendizaxe. Desta maneira, ofrecemos a posibilidade de practicar deporte no medio acuático proporcionando unha sensación de ingravidez debido a que a flotación converte á natación, xunto con outras características propias da auga, nun deporte de baixo impacto que estimula todos os grupos musculares do corpo, contribuíndo ao desenvolvemento psicomotor e beneficiando de maneira directa a saúde outorgando múltiples sensacións de benestar.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco. Dispoñible no centro de A Coruña.

ADESTRADOR PERSOAL

En ASPERGA sempre estamos innovando e probando cousas novas, para este vindeiro curso 23/24 imos poñer en marcha o proxecto de adestramento persoal. 

Como serán os adestramentos? Terás diferentes opcións; poderás ir cun grupo reducido (máximo 5 persoas) ou facer un plan totalmente individualizado. Tamén dependendo da disponibilidade do adestrador poderás elexir ti a hora e o día. Traballaremos as diferentes capacidades físicas básicas e poñeremos a funcionar todolos músculos. Tamén aprenderemos a usar os aparatos e máquinas do ximnasio.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco. Dispoñible no centro de A Coruña.

DIVÍRTETE FACENDO DEPORTE

Espazo para iniciarse nas actividades deportivas, onde o obxectivo principal é gozar e divertirse mentres se fomentan hábitos de vida saudable. A través de xogos pre-deportivos e a iniciación a diferentes disciplinas, ofreceremos unha experiencia deportiva dinámica e atractiva.

Adaptándonos ás características das persoas con TEA/SA, nesta actividade traballamos en crear un ambiente de confianza e seguridade, no que mellorar as habilidades físicas e sociais se consegue a través da diversión e o xogo. Así, ofrecemos sesións variadas e participativas, onde o foco está en pasalo ben, descubrir o deporte e desenvolverse dun xeito natural e ameno.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

URBANcamp (A Coruña / Santiago de Compostela)

O URBANcamp é un proxecto terapéutico dirixido a fomentar a participación activa dos nenos e nenas con TEA na comunidade, utilizando a contorna real da Coruña e Santiago de Compostela. A través de actividades lúdicas, o campamento promove o desenvolvemento continuo das habilidades persoais adquiridas nas terapias individuais ao longo do curso escolar, creando un espazo atractivo e integrador para o seu crecemento. 

– > MÁIS INFORMACIÓN

ECOcamp (campamento onde se pasa a noite)

O ECOcamp é un proxecto terapéutico onde se pasa a noiteque promove o desenvolvemento continuo das habilidades adquiridas nas terapias individuais a través de actividades lúdicas en contacto coa natureza. Este campamento ofrece unha experiencia máis aló das salas de terapia tradicionais, fomentando a intervención dentro da comunidade para mellorar a saúde e o benestar das persoas con TEA. Deseñado por un equipo multidisciplinar de profesionais sanitarios, sociosanitarios, educativos, sociais e deportivos, está pensado para adolescentes e adultos, axudándoos no seu camiño cara a unha vida máis autónoma.

-> MÁIS INFORMACIÓN