Noso equipo
En A Coruña
Psicólogo Xeral SanitarioValentín Varela Valiño
Psicóloga Xeral SanitariaPaloma Rodríguez Blanco
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Máster en Psicoloxía e Psicoterapia Infanto-Xuvenil
Acreditación ADI- R e ADOS-2
Tómome a vida con humor e o traballo con seriedade. Ofrecer apoio a nenos e adolescentes con asperxer non supón un esforzo para min, senón que encaixa coa miña forma de ser: son paciente, gústame escoitar e sempre estou disposta a botar un cable a quen o necesite. Creo que as xeracións máis novas teñen moito que dicir. Son optimista. Gústame que o meu traballo achegue moitas cousas positivas e encántame a música, que o cura case todo e acompáñame a todas partes.
PsicólogaTeresa Andrade Robles
Licenciatura en Psicoloxía
Máster en Neurociencia
Acreditación ADI- R e ADOS-2
Desde ben pequena interesoume saber o por que das cousas, das cousas humanas para ser exacta, polo que acabei fascinada polo cerebro e centrándome en entender iso que nos fai decidir ou planificar (a función executiva) e o que nos axuda a adaptarnos a calquera contexto (a flexibilidade cognitiva). A información é poder e por iso unha das claves do meu traballo é a divulgación. A vida das persoas con asperxer será máis fácil se o coñecemento necesario sobre a síndrome chega ás súas familias, aos seus colexios, aos seus traballos, ao mundo que lles rodea.
Psicólogo Xeral SanitarioUxío Amil Álvarez
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Gústame escoitar ás persoas, conectar con elas, axudar, desde pequeno foi así. Logo descubrín que había unha profesión que se dedicaba a algo moi parecido e entón tiven claro que esa era a miña vocación, que faría o posible para lograr que a xente se sentise mellor tras falar comigo, adquirindo coñecementos e habilidades que me permitisen facelo da forma máis profesional posible.
Psicóloga Xeral SanitariaSabela Bouzas Liñares
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Máster en Profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de linguas
A psicoloxía enriqueceu a miña vida, aportándome un cambio de enfoque e ferramentas para enfrontarme a vida. O que máis me gusta do meu camiño laboral é a diversidade de contextos nos que me puden sumerxir, que aportan o seu gran de area a miña formación e a como desenvolvo o meu traballo nas sesións. Aposto por un enfoque comunitario, onde se integren todas as perspectivas das persoas para poder axudalas.
Psicólogo Xeral SanitarioTomàs Lloveras Badia
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Dende pequeno, sentín interese por escoitar as persoas, comprender as súas emocións e mostrar empatía. Actualmente, motívame o desafío de acompañar e axudar aos nenos e nenas, adolescentes e as súas familias.
Considerome unha persoa atenta, paciente, próxima e empática. Estou desexando poder ofrecer acompañamento e axuda as persoas, con responsabilidade e profesionalidade.
No meu tempo libre, gústame viaxar, conectar coa natureza, escoitar música, practicar deporte e coidar a aqueles que máis quero.
Psicóloga Xeral SanitariaEstefanía Fresno Martínez
Grao en Psicoloxía,
Postgrao en Trastorno do Espectro Autista
Máster Psicoloxía General Sanitaria
Son psicóloga xeral sanitaria especializada en autismo. O meu primeiro contacto con persoas autistas foi facendo voluntariado na miña adolescencia, e dende entón non parou de medrar o meu interese e as miñas ganas de formarme neste ámbito.
O meu obxectivo profesional é o uso dun enfoque multidisciplinar e interdisciplinar de traballo, no que poida aprender e achegar valor, para así adaptar e individualizar as intervencións, mellorando a calidade de vida das persoas.
Psicóloga Xeral SanitariaAlba Deaño Vázquez
Grao en Psicoloxía
Máster Psicoloxía Xeral Sanitaria
Sempre me gustou aportar o meu gran de area para axudar aos demais a sentirese mellor, por iso non foi difícil saber a que me gustaría dedicarme. Desde esta profesión, gústame adaptarme á persoa que teño diante, respectando os seus tempos e o seu espazo, sempre dende a cercanía e a empatía.
LogopedaElva Vázquez de la Montaña
Diplomada en Logopedia
Máster en Atención Temperá
Máster en Psicopedagoxía Clínica
Acreditación ADI- R e ADOS-2
De pequena xogaba a ser a profesora das miñas barbies e era a enfermeira da casa. Elixín unha profesión que combinaba ambas as cousas. Encántame traballar con nenos e apaixóname facerlles xogos, bonecos e pictogramas que lles axuden a mellorar. Traballar con rapaces autistas engancha. O día que unha nena que apenas falaba díxome “quero un quebracabezas” foi un gran día. Nunca tres palabras tiveron tanto valor.
LogopedaNoelia Pazos Piñeiro
Grao en Logopedia
Máster en Atención Temperá
Considérome unha persoa empática, paciente e con capacidade de escoita, que sente ilusión por superarse cada día un pouco máis co fin de ofrecer o mellor apoio aos usuarios e as súas familias. A comunicación é determinante para a vida de calquera ser humano e resúltame moi reconfortante volver a casa coa sensación de que o meu traballo repercute de forma positiva na calidade de vida das persoas.
LogopedaPatricia Vázquez Barbeito
Grao en Logopedia
Encontrei a miña vocación cando iniciei o grao de logopedia e descubrín que podía verter a miña paixón en axudar aos demais. A comunicación e a empatía son imprescindibles no meu día a día e conforman os pilares fundamentais nos que se sostén o meu traballo. Resultame moi gratificante poder contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas.
Terapeuta OcupacionalMacarena Sánchez Carnero
Grao en Terapia Ocupacional
Posgrao en Atención Temperá
Máster en Intervención en Discapacidade e Dependencia
Acreditación DIR-101. Modelo DIRFloorTime
ADI-R
Terapeuta ocupacional con vocación plena no ámbito da Atención Temperá, especialmente colectivo de nenas e nenos con TEA, onde volquéi toda a miña formación. Encántame o continuo aprendizaxe a través da práctica baseada na evidencia e a intervención a través do xogo. Desfruto moito traballando man a man coas diferentes disciplinas que formamos o equipo, e, por suposto, coas familias e sempre dentro dos entornos, que son as pezas clave para que todos os engrenaxes da cadea funcionen á perfección. As miñas inquedanzas e ideas sempre estarán encamiñadas a que os nenos e as nenas busquen a autonomía no seu día a día e gocen xogando e aprendendo de calquera pequeno detalle deste mundo tan cambiante.
Terapeuta ocupacionalSira Cerviño Carro
Grao en Terapia Ocupacional
Acreditación ADI- R
Aos 9 anos díxenlle á miña tía que quería traballar con “persoas con dificultades” ou con persoas maiores e ela faloume da terapia ocupacional. Desde ese momento tiven claro que esa sería a miña futura profesión e cada vez estou máis convencida de que elixín ben. Mesturar a aprendizaxe, o xogo e a adaptación funcional pode chegar a ser moi divertido coas persoas con TEA.
Terapeuta OcupacionalMarta Dominguéz Cortizas
Grao en Terapia ocupacional
Máster en Xerontoloxía e Atención Centrada nas persoas
A terapia ocupacional, a miña familia, as miñas amigas e o baloncesto son a base do meu día a día.
Encántame axudar as persoas a mellorar a súa calidade de vida. Considero imprescindible o traballo en equipo, a empatía e o respeto para poder facelo. Dende que traballo neste ámbito, descubrín unha nova pasión da que quero seguir aprendendo día a día.
Terapeuta OcupacionalAndrea Couce Canosa
Grao en terapia ocupacional
Máster en desenvolvemento infantil e atención temperá
Acreditación ADI- R
Compartir tempo, sorrisos e xogos é o camiño da aprendizaxe (aprender a aprender e querer aprender máis) así como a desenvolver as nosas diferentes capacidades. Como terapeuta ocupacional especialista en atención temperá e TEA, nese camiño me atoparás.
PedagogaSara López Álvarez
Grao en Pedagoxía
Grao en Maxisterio de Primaria
Máster en Educación emocional entre alumno e profesor
Son pedagoga e tamén profe, sempre me entendín moi ben cos nenos e coas nenas, por iso me sinto tan ben no programa de apoio educativo. Creo que o traballo debe ser formal pero, ao mesmo tempo, divertido, moito máis cando a túa función e ensinar. Implícome no traballo e intento formarme constantemente. A música e viaxar son dúas das miñas pasións. Desde que traballo con persoas con TEA vexo a vida desde outra perspectiva e encántame.
PedagogaMaría José Vaamonde Miraz
Licenciada en Ciencias da Educación, Pedagoxía
Máster en E-learning e Redes Sociais
A vocación é o meu punto de partida para poder desempeñar a miña labor profesional, gústame e disfruto co meu traballo. Poder compartir os meus coñecementos, recursos e ferramentas con outras persoas é algo que me proporciona a orientación laboral, onde a función principal é acompañar no proceso de busca ou mellora laboral, axudando a poñer en valor a autoconfianza, as capacidades e puntos fortes das persoas con autismo.
Educadora SocialLaura Ares Crego
Grao en Educación Social
Son a responsable dos talleres de habilidades sociais, organizo as actividades mediante o xogo ou con dinámicas de participación, adaptándome sempre ás características e necesidades de cada grupo. Centramos os talleres na asertividade, a comunicación, a xestión emocional, a autoestima, o coñecemento do entorno, etc. Traballar con persoas con TEA implica abrir a túa mente ante a súa creatividade e imaxinación.
Traballador socialYago Lage Caramelo
Grao en Traballo Social
O meu maior reto, e ao mesmo tempo a miña gran satisfacción, é que as persoas que pasan polo meu despacho váianse coa sensación de que foron escoitadas, que non desperdiciaron o seu tempo, que lles fun útil. Apaixóname a política como servizo público, prefiro viaxar sobre catro rodas e encántanme as cidades grandes como Madrid ou Londres.
Técnico DeportivoJorge Martínez Gómez
TSAFAD (Técnico Superior Actividades Físicas y Deportivas)
Entrenador Nacional 3 de Fútbol (UEFA-PRO)
Entrenador Personal
Creo firmemente no deporte como forma de vida. O que máis me gusta do meu traballo é ver como as persoas melloran a súa autonomía, autoestima e adquiren uns hábitos saudables. Intento que se divirtan e salan das actividades cun sorriso. De pequeno sempre me gustou moito o fútbol, practicalo, velo e estudalo.
En Santiago
Psicóloga Xeral SanitariaInés López Pais
Licenciatura en Psicoloxía
Acreditación ADI- R
Os meus amigos sempre dixeron de min que sei escoitar e aconsellar e desde que iniciei a miña carreira como psicóloga souben que me dedicaría á rama sanitaria, a axudar a outros. Son perseverante, non me canso de aprender e por iso mesmo sigo formándome e adquirindo experiencia no mundo asperxer, pero tamén noutros como o da discapacidade intelectual ou como voluntaria noutras asociacións. Todo suma e enriquece o meu traballo.
Psicóloga Xeral SanitariaHilda Enríquez de Salamanca Gambara
Grao en Psicoloxía
Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Máster en Terápias Psicolóxicas en nenos e adolescentes
Formación en terapia familiar sistémica
Sempre tiven unha proxección persoas encamiñada a axuda. Non tanto como vocación, se non como unha forma de vida que iba acorde cos meus valores e a miña forma de entender o mundo. Este concepto tan amplio e abstracto é o de “axuda aos demáis” foise pulindo co paso do tempo nutríndome en todas as experiencias que me aportaron ser monitora, entrenadora, voluntaria e agora, psixóloga xeral sanitaria. A miña mochila de coñecementos sempre está aberta e lista para seguir avanzando.
Psicóloga Xeral SanitariaMar Martín Almonte
Grao en Psicoloxía
Máster Psicoloxía General Sanitaria
Máster de Actualización en Intervención Psicológica e Saude Mental
Máster de Psicología Infanto-Xuvenil
ADI-R
ADOS-2
Desde a adolescencia souben que sería psicóloga, sempre quixen saber como pensan, como actúan e que senten as persoas. A miña contorna valora a miña proximidade, a miña capacidade de escoita e o esforzo por demostrar a miña implicación e compromiso cos demais. Como psicóloga non trato de cambiar mentes, senón crear vínculos con outras persoas e xuntos buscar as estratexias que lles axuden a atopar respostas.
LogopedaAlejandro Pérez Torre
Diplomatura en Logopedia
Grao en Maxisterio de educación primaria, audición e linguaxe
Técnico superior en audioprótesis
Dende pequeno sempre me atraeu todo o relacionado co aprendizaxe e a ensinanza. A medida que fun crecendo na miña profesión, comprendín que dita tarefa é fundamental para as persoas con discapacidade e necesidades especiais, tanto en nenos/as e adultos/as. Para iso, considero que é esencial o traballo en equipo e o esforzo de todos.
LogopedaNoela Vigo Sar
Grao en Logopedia
Máster en Logopedia Clínica en DaNo NeurolóXico
Acreditación ADIR-R e ADOS-2
A medida que ía crecendo, a miña familia e amigos recalcábanme a miña empatía cos demais e, ao decidir estudar logopedia, aproveitei este trazo como un punto forte na miña carreira. Gústame poñerme no lugar das persoas coas que traballo priorizando as súas necesidades en todo momento. Formar parte dun equipo que persegue a igualdade de oportunidade do colectivo TEA me reconforta día a día.
Terapia OcupacionalMaría Álvarez Rodríguez
Grao en Terapia Ocupacional
Dende pequena solía sentir gran interés en axudar aos demáis. Cando iniciei o grao, souben que estaba no camiño correcto.
O meu obxectivo é poder combinar a miña formación en terapia ocupacional coa creatividade artística para brindar un enfoque único e holístico.
Creo que a arte pode ser unha ferramenta poderosa para axudar ás persoas a expresarse, explorar e promover o seu benestar.
Terapeuta OcupacionalBreogán Pazos Iglesia
Grao en Terapia Ocupacional
Ciclo Superior en Actividades Físicas e Animación Deportiva
Integro a miña experiencia e formación tanto en Terapia Ocupacional como en actividade física para deseñar intervencións terapéuticas innovadoras que promoven o desenvolvemento e a inclusión dos nenos e as nenas.
Combino o mellor da Terapia Ocupacional e o deporte para promover o benestar físico e mental.
A través de programas personalizados busco mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas, aproveitando o poder terapéutico da ocupación e a actividade física, maximizando o seu potencial e fomentando a súa participación.
PedagogaCristina Sánchez-Agustino Barcia
Licenciada en pedagoxía
Graduada en psicoloxía
Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Enseñanza de Idiomas
Máster Universitario en Integración e Igualdade de Oportunidades
Acreditación ADOS-2
Dende pequena tiven unha forte motivación para axudar aos demais a mellorar as súas vidas, o que me levou a embarcarme nun camiño de estudo e formación permanente para poder facelo de maneira efectiva e profesional, abordando aspectos emocionais, cognitivos e conductuais, e adaptando técnicas e enfoques ás necesidades e circunstancias únicas de cada persoa.
Ao longo do tempo traballei con persoas diversas. Con todo, quero compartir contigo algo especial: non fui eu quen elixiu traballar con persoas con TEA, senón que elas elixíronme a min. Desde o primeiro momento sentín unha gran conexión. Díme conta de que o meu camiño profesional estaba destinado a brindar apoio e comprensión ás persoas no espectro, e elas pola súa banda outorgáronme o privilexio de presenciar cambios significativos. Sinto-me afortunada de acompañar ás persoas no seu desenvolvemento e crecemento.
Educadora SocialLaura Créstar Álvarez
Grao en Educación Social
Máster en Xénero, Igualdade e Educación
Entendo a educación social coma un proceso lento, cheo de afectividade e de pequeños detalles. Neste caso, como responsable dos talleres de habilidades sociais acompaño ás crianzas e adolescentes levando a cabo actividades que incrementen o seu benestar individual e colectivo e que brinden de ferramentas que poidan axudar no seu día a día.
DirectoraMarisol García Penalta
Son activista e defensora dos dereitos das persoas e dos animais. Para cambiar a sociedade debemos asumir a nosa propia responsabilidade, implicándonos e apoiando aos máis vulnerables. Encántame a natureza e gústame a cultura e a arte. Viaxar dáme liberdade e riqueza. Estou orgullosa de ser a nai dunha persoa marabillosa que loita por facer realidade os seus soños.
Dirección de proxectosEmma Rivera Revuelta
Crecín e críeme nunha contorna de empresa familiar que forxou o meu carácter: son tenaz e comprométome co meu traballo ata o infinito e máis aló, valores ambos moi útiles se xestionas unha entidade do terceiro sector. En ASPERGA, a ilusión das persoas que me fun atopando contaxioume o virus da esperanza e as ganas de loitar por un mundo máis xusto.
Dirección de administraciónLaura González Jareño
O meu pai era profesor de matemáticas e desde pequeniña o noso xogo favorito, nas longas viaxes en coche da época, era facer cálculo mental, buscar a forma máis rápida e útil para achar o bo resultado. A miña nai ꟷinquieta, decidida, resolutiva, protectoraꟷ coidaba de todos con amor, paciencia e dedicación. Así que aquí estou, coas dúas herdanzas nos meus xenes. Que mellor combinación para traballar nesta asociación.
Administración/ComunicaciónMarigel López Martínez
Nacer nunha familia numerosa e diversa, marca; sobre todo na organización e a empatía. Para min facer un bo traballo sempre vai acompañado da optimización do tempo dedicado a lograr un obxectivo. Isto se magnifica se o tipo de empresa pertence ao terceiro sector, onde sempre hai traballo que facer, proxectos que apoiar e información que absorber. O tempo libre e o silencio son esenciais para min. Os meus intereses son variados e moitos deles herdados, como dixen, a familia marca.
AdministraciónVerónica Álvarez Ruipérez
Os grupos de apoio, a intervención comunitaria, as redes de afectos e as persoas que se preocupan por quen ten maiores dificultades moven o mundo. Para min o bo traballo pasa por poñerlle as cousas algo máis fáciles ás demais, por ter grandes doses de empatía e facer da sociedade un lugar máis amable onde vivir.
AdministraciónTania Pérez Paz
Como nai dun rapaz con TEA, aprendín a ver a vida dende outra perspectiva. Considéronme unha persoa positiva e empática, e procuro sempre que podo, transmitirllo a quenes me rodean.
Gústame estar en contacto coa natureza e coas persoas. Traballar neste sector, ensiname que somos moi diversos e eso fainos mellores.
AdministraciónJorge Souto Pampín
Dende moi neno, supen que tiña algo que me facía diferente, pero puden implicarme de tal maneira, que puden acabar sendo compañeiro de traballo dos terapeutas que me foron dando terapia. Ao principio, cría que ter Asperger sería unha limitación, pero resultou ser todo o oposto.
ComunicaciónAldara Suárez Miguéns
Destaco de min mesma e o afán por estar en constante crecemento e aprender cousas novas. Desfruto de explorar diversas formas de expresión artísticas, por eso a miña ambición e creatividade sempre me empuxan a estar embarcada en diferentes proxectos.
A miña personalidade ven marcada pola miña compaixón, altruismo e sensibilidade. Gústame estar en contacto cos meus sentimentos e cos dos demáis, intentando axudar en todo o que poida ao resto.
PresidentaRita González Fernández (cargo non remunerado)
O meu fillo Hugo e o meu labor en ASPERGA é do que máis orgullosa síntome da miña vida. Cambio a miúdo de corte e cor de pelo, pero se hai algo duradeiro e persistente en min é o meu sentido da responsabilidade e a miña implicación e enerxía para sacar adiante calquera proxecto que considere xusto e indispensable. En ASPERGA é lograr un verdadeiro futuro de inclusión para as persoas con SA/ TEA.
VicepresidentaMontse Triñanes Rodríguez (cargo non remunerado)
Considérome unha persoa traballadora, pero sobre todo loitadora. Ilusiónome con todo o que fago e sempre estou a aprender. Encántame ler e a miña gran afección é a cociña sa e ecolóxica, a mellor maneira de relaxarme. Para min é moi importante formar parte de ASPERGA porque aquí axudáronme a entender mellor ao meu fillo e a ser mellor nai.
TesoreiroJosé Manuel Marcote Lago (cargo non remunerado)
Son unha desas persoas con asperxer ás que diagnosticaron cando era xa adulto. Por iso, por experiencia propia, se o importante que é proporcionar ferramentas canto antes para fomentar as calidades das persoas con SA/ TEA e lograr mellorar a súa autonomía e calidade de vida. Sempre me dediquei á xestión e intento achegar todo o que sei e o mellor de min mesmo a ASPERGA.
Vogal e secretariaHerminia Barcia Pérez (cargo non remunerado)
Organizada, loitadora, agradecida e con empatía cara ás persoas máis vulnerables. Creo na xustiza e na igualdade, e gozo da liberdade coa miña familia e dos logros que o meu fillo consegue día a día. Fun testemuña da evolución de ASPERGA desde que naceu e admiro o seu traballo e como, aos poucos, vai alcanzando os obxectivos que se propón. Por iso éncheme de orgullo e ilusión formar parte agora da súa directiva.
VogalBreixo Santa García (cargo non remunerado)
Metade español e metade estadounidense, diagnosticáronme con SA/ TEA aos dez anos e tamén son TDA e disléxico, o cal non me impediu converterme nunha boa persoa, perseverante e sen medos, e traballar como técnico de Windows para unha gran compañía como Microsoft. Apaixónanme a tecnoloxía, o cinema de ciencia ficción, os videoxogos, o manga e o cosplay. E adoro a música. Aprendín a tocar o saxofón e agora estou a experimentar de maneira autodidacta co baixo, o ukelele e a balalaica.
VogalMónica Budiño Espiñeira (cargo non remunerado)
Nacín en Suíza, filla de emigrantes. A miña familia sempre foi o meu piar fundamental. Meus pais son un referente de forza e sacrificio, e os seus valores moldearon o meu carácter e as miñas conviccións.
Dende pequena, sentín unha gran aversión polas inxustizas. Esta sensibilidade impulsoume a loitar activamente polos dereitos e a equidade en todos os aspectos da miña vida persoal e profesional.
Como nai traballadora, síntome inmensamente orgullosa da miña filla pequena con TEA. A súa existencia transformou a miña vida de maneiras inimaxinables, ensinándome o verdadeiro significado do amor incondicional. Ela é unha fonte constante de inspiración e ledicia, e a miña maior motivación para traballar por un mundo máis xusto e empático.
Soño cunha sociedade inclusiva, onde un día a miña filla se sinta orgullosa de min.
Síntome moi honrada de pertencer a Asperga, e só podo agradecer o profesionalismo e cariño co que nos tratan dende o primeiro día.
VogalJosé Manuel Lamas Pérez-Cepeda (cargo non remunerado)
Son unha persoa disciplinada, con moita capacidade de traballo e que non se amedrenta se ten que asumir un reto difícil. Desde que recibín o diagnóstico, non só aprendín a coñecerme a min mesmo, senón que tamén aprendín das experiencias alleas. En certo xeito, síntome corresponsable de achandar o camiño a todos os que veñen detrás, para que se atopen un mundo mellor que o que me atopei eu.