SERVIZOS ASPERGA

Intervención de habilidades sociais en persoas con TEA

HABILIDADES SOCIAIS, VIDA ADULTA, TALLERES, MÓVETE

Programa de habilidades sociais

XOGAR E DIVERTIRSE é a mellor forma de APRENDER DESTREZAS SOCIAIS. Poñemos en práctica de maneira lúdica as habilidades de comunicación, interacción social e manexo emocional para que os usuarios extrapolen os coñecementos adquiridos de forma inmediata e real a contextos habituais (casa, colexio, amigos).

-> VER VÍDEO

Programas de vida adulta e TEA

É un programa destinado a potenciar a AUTONOMÍA das persoas TEA/SA e as súas DESTREZAS COMUNICATIVAS na súa transición á vida adulta. Intervimos en dúas áreas crave: as ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS E DA VIDA DIARIA E EN COMUNIDADE (tarefas do fogar, preparación de comidas, limpeza, lectura de facturas, manexo do diñeiro, coller un medio de transporte, planificación de compras…) e a FORMACIÓN e o EMPREGO (habilidades comunicativas para entrevistas de traballo, contacto con empresas e entidades, voluntariado, prospección laboral…).

-> VER PDF con máis información

-> VER VÍDEO

Programa de apoio educativo a persoas con trastornos do espectro autista

Desde ASPERGA lanzamos un novo programa de APOIO EDUCATIVO a medida de cada usuario. Con grupos dun máximo de 3 persoas, aínda que poderán contratarse clases particulares individuais.

Este programa pretende mellorar o rendemento académico, estar ao día cos deberes e demandas do curso académico para alcanzar as competencias básicas de cada etapa educativa.

Realizarase un seguimento constante coas familias; comunicacións co centro educativo e intervención en caso de ser necesario.

Lograremos estimular desde a positividade e o respecto, fomentando as capacidades e fortalezas para mellorar a autoestima.

-> VER VÍDEO

TALLER “SEN-CONFLICTO”

Este é un espazo para nais/pais/persoas coidadoras prrincipais de persoas con problemas de conducta. Neste espazo, proporcionaremos ferramentas prácticas, estratexias de afrontamento e recursos útiles para axudarvos a enfrontar os retos diarios e promover un ambiente de apoio e comprensión.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco. 

TALLER “ADULTOS/AS NO ESPECTRO”

Este taller ofrece un espazo de encontro único para individuos diagnosticados con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na idade adulta. Cada sesión do taller aborda temas diversos, todos eles relacionados con situacións e vivencias comúns que as persoas dentro do espectro poden enfrontar. O obxectivo principal é fomentar a comunicación aberta e o intercambio de vivencias entre os participantes, proporcionando un ambiente solidario onde se poida compartir experiencias e ofrecer apoio mutuo.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

TALLER “COMUNÍCATE”

Este taller de comunicación foi deseñado para adolescentes e adultos que forman parte do Trastorno do Espectro Autista (TEA). O seu obxectivo central é mellorar tanto as habilidades de comunicación verbal como non verbal da persoa. A través de enfoques adaptativos e actividades interactivas, o taller busca proporcionar un ambiente inclusivo e de apoio para axudar aos participantes a desenvolver e reforzar as súas capacidades de comunicación. Cada sesión do taller aborda temas prácticos e situacionais que son directamente aplicables ás experiencias diarias dos participantes, promovendo unha aprendizaxe práctica e relevante.

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

TALLER “RIQUIÑOS” E “CROISSANT”

Estes talleres grupais dirixidos a persoas con TEA nacen co obxectivo de fomentar a creación de grupo de apoio, onde os participantes creen vínculos de amizade, confianza e relacións interpersoais. Están divididos por idades:

-Riquiños: para adolescentes menores de 18 anos 

-Croissant: para maiores de 18 anos

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.

XUNTANZA SOCIAL PARA MAIORES DE 18 ANOS

En ASPERGA, cremos que é moi positivo compartir os nosos gustos e aficións, e é por iso que nas nosas Xuntanzas Sociais propiciamos un ambiente para poder gozar de diversas actividades. A nosa organización adícase a fomentar a conexión e interacción entre persoas que comparten un interese común, promovendo así a creación de comunidades e relacións enriquecedoras. 

Esta actividade desenvolvese de forma semanal, tanto en A Coruña como en Santiago de Compostela. 

Actividade incluida dentro do “Programa de Atención a Persoas con TEA” da Federación Autismo Galicia , Subvencionado pola Conselleria de Politica Social da Xunta de Galicia

Para máis información e dispoñibilidade de prazas, póñase contacto connosco.