COÑECER É COMPRENDER
DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DO ASPERGER
A Síndrome de Asperger é un trastorno neurobiolóxico do desenvolvemento encadrado no espectro do autismo
CLAVES PARA IDENTIFICAR
E ENTENDER O TEA/SA
Non se contaxia nin se cura porque non é unha enfermidade. É UNHA CONDICIÓN, como ser alto, de ollos azuis ou moreno. Non está asociado a un déficit intelectual nin a dificultades formais na linguaxe. Maniféstase de forma distinta en cada individuo, pero hai trazos en común:
DIFICULTADES NA COMUNICACIÓN E INTERACCIÓN SOCIAL
Non entenden xestos, tonos de voz, chistes, metáforas ou sarcasmos
DIFICULTADES NA COMPRENSIÓN DAS REGRAS SOCIAIS NON ESCRITAS
Cóstalles expresar as súas emocións e recoñecer as de outras persoas
INFLEXIBILIDADE NO COMPORTAMENTO E NO PENSAMENTO
Mostran resistencia ós cambios e teñen campos de interés moi específicos e absorbentes
É UN TRASTORNO FRECUENTE
Con todo, segue sendo pouco coñecido entre a poboación xeral e mesmo por moitos profesionais. É posible detectar os sinais de alerta desde idades temperás, e cada vez diagnostícanse máis casos en adultos.
Crese que a incidencia é maior en homes (desde 3-4:1 a 8:1, segundo o estudo que se tome como referencia), pero a manifestación da Síndrome de Asperxer nas mulleres suscitou certa controversia debido a que se considera que os síntomas nelas reflíctense de maneira diferente e, por tanto, están infradiagnosticadas.
TES PREGUNTAS?
NÓS DÁMOSCHE AS RESPOSTAS
Se queres saber máis sobre quen somos e que facemos, envíanos a túa consulta a través da nosa páxina de contacto
CREO QUE O MEU FILL@ PODE TER SÍNDROME DE ASPERGER. COMO PODO SABELO E QUE É O PRIMEIRO QUE DEBO FACER?
O primeiro que debes facer é estar tranquil@. Despois, chámanos ou achégache aos nosos centros, cóntanos que ocorre e concierta unha cita cos nosos profesionais para que poidan realizar unha valoración específica do caso. Se o teu fill@ ten un trastorno do espectro autista tes que saber que non estades sós e que en ASPERGA podemos prestarvos asesoramento e ofrecervos atención terapéutica a través dos nosos servizos.
Como me pode axudar ASPERGA? Que servizos tedes?
Temos programas e servizos orientados a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios. Ademais de realizar valoracións específicas de TEA, proporcionamos atención psicolóxica, logopédica, psicopedagóxica e de terapia ocupacional. Traballamos as habilidades sociais, a atención temperá en nenos de 0 a 6 anos, a creatividade ou a xestión das emocións a través de talleres artísticos, creativos e de lecer ou exercicio. Organizamos actividades e proxectos para avanzar na inclusión social, dispoñemos dun programa para os pais co obxectivo de mellorar a comunicación e a convivencia en familia, formamos a profesores, damos charlas en centros educativos, informamos sobre os recursos e axudas dispoñibles e prestamos apoio educativo con clases de reforzo.
Organizades actividades de lecer?
Si. Temos un programa específico que inclúe todo tipo de actividades: artísticas, deportivas, campamentos, de contacto coa natureza…
A que ten dereito o/A meu/MIÑA FILL@ no colexio ou no instituto?
O decreto 229/2011 da Xunta regula a atención á diversidade do alumnado cunha serie de medidas ordinarias e tamén extraordinarias. Entre as ordinarias, por exemplo, os centros educativos deben adecuar a súa estrutura organizativa (horarios, grupos, espazos) ás características do alumnado, así como as súas programacións didácticas ou os procedementos de avaliación; a metodoloxía ha de basearse no traballo en grupos heteroxéneos, e deben promover a inclusión e as actuacións destinadas a mellorar a convivencia. ASPERGA é unha ligazón entre o centro educativo e a familia e traballa en colaboración cos pais e profesores/orientadores, dando pautas metodolóxicas e para adaptacións de material ou exames, co fin de crear unha contorna positiva na aula e, así, favorecer a inclusión.
Informades os centros educativos?
Si. Cando nos chama algún colexio ou instituto interesado acudimos a dar charlas informativas para a comunidade escolar e de formación para profesorado, pero tamén propoñemos facelas naqueles centros que aínda non visitamos para que coñezan e entendan que é o TEA/SA.
Son profesor/a e gustaríame saber máis do autismo para axudar ós alumnos que o poidan necesitar. Como podo formarme?
Chama á nosa asociación (881 917 318) e poñerémosche en contacto con algún dos profesionais do noso equipo para informarche e poder concertar algunha charla formativa. Ademais, impartimos formación para profesores e centros no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e nos distintos CFR (Centro de Formación e Recursos).
As terapias teñen algún custo?
Conscientes do esforzo económico que supón a atención especializada e continuada para as familias, tentamos que as tarifas sexan alcanzables para todas elas e buscamos fórmulas de pago adaptadas a cada caso. Os nosos servizos teñen un custo para a persoa usuaria.
Que reivindicades desde ASPERGA?
Queremos avanzar nos ámbitos normativo, sanitario, educativo e laboral. Para concienciar á sociedade na neurodiversidad e lograr un verdadeiro futuro de inclusión para as persoas con TEA/SA demandamos:
• Máis formación específica a profesionais sanitarios e ao profesorado.
• Mellora dos sistemas de valoración da discapacidade e dependencia.
• Incorporación do TEA/SA de maneira específica á normativa española.
• Acceso ás bolsas e axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio.
• Adaptación dos procesos de acceso ó emprego público (oposicións) e inclusión nos programas de emprego con apoio en empresas.
Como podo contactar convosco?
Fai clic aquí e terás toda a información necesaria para comunicarte connosco.