SERVIZOS ASPERGA
Formación en trastornos do espectro autista
CENTROS EDUCATIVOS / OUTROS PROFESIONAIS / FAMILIAS
Os nenos e nenas autistas adoitan atoparse con diversas dificultades para adaptarse ao contexto escolar. Estas dificultades poden estar vinculadas á súa maneira procesar a información, o que pode afectar tanto á aprendizaxe como á necesidades específicas. Para garantir unha educación inclusiva e de calidade, é fundamental que os centros educativos realicen adaptacións metodolóxicas que respondan ás súas necesidades específicas.
Dende ASPERGA queremos contribuír a que estes apoios sexan unha realidade na comunidade educativa, xa que a súa implementación pode axudar a previr problemas académicos como a organización e planificación do estudo, a comprensión lectora, as dificultades en determinadas materias, a adaptación aos cambios ou a xestión das avaliacións.
A través das nosas formacións en centros escolares, axudamos ao profesorado e a todo o persoal da comunidade educativa a comprender mellor o autismo e, sobre todo, a adquirir estratexias eficaces para actuar ante as necesidades do alumnado, tanto dentro coma fóra da aula (comedor, actividades extraescolares, tempos de lecer…). Durante estas sesións, proporcionamos recursos prácticos para adaptar actividades e exames en todas as materias, garantindo que o proceso de avaliación sexa máis accesible para o alumnado autista. Ademais, ofrecemos pautas para a posta en marcha de proxectos de patios dinámicos, que promoven a inclusión e benefician a todo o alumnado do centro.
Formación para centros educativos
Ofrecemos formacións en centros educativos (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, universidade, academias…) para orientar sobre os aspectos académicos, conductuales e sociais das persoas autistas.
As nosas formacións diríxense a profesorado (de calquera nivel educativo), a estudantes (onde realizamos actividades/xogos que impliquen a súa participación) e/ou aos familiares (para buscar un nexo común entre o ámbito familiar e o educativo).
A administración pública pon ao alcance dos centros educativos anexados á Consellería de Educación diferentes programas para solicitar este tipo de formacións.
Recursos formativos para outros centros
É probable que no teu centro (cultural, deportivo, artístico, cívico, social…) ou no teu lugar de traballo (compañeiro/a, cliente…) teñas contacto cunha persoa autista. Pode que non soubese pedirche algo que busca con insistencia, poida que che faga moitas preguntas ou non respecte as quendas, poida que, a pesar das túas indicacións, non saiba como chegar ao baño ou a a unha sala. Quizais tampouco ti soubeches como dirixirche a ela.
En ASPERGA proporcionamos a formación básica necesaria para interactuar e comunicarte con normalidade coas persoas con TEA, así como coñecer as características principais do seu comportamento.
Mediante sesións de formación e talleres proporcionamos estratexias e recursos.
- Comunicarte e transmitir información de maneira eficaz.
- Relacionarte coas persoas con TEA e facilitar que elas se relacionen con outras persoas.
- Ter en conta aspectos sensoriais como a hipersensibilidade.