COÑECE A NOSA ASOCIACIÓN

REDE DE APOIO A PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER E ÁS SÚAS FAMILIAS

Somos un centro sociosanitario e ofrecemos atención especializada e orientación, tanto a persoas autistas como ás súas familias.

FILOSOFÍA ASPERGA

MISIÓN, VISIÓN, VALORES

ASPERGA (Asociación Galega de Asperger) nace en 2006, ano en que comezamos a tecer, dentro do ámbito do TEA, unha rede de familias e persoas con síndrome de Asperger co obxectivo de loitar por un futuro de verdadeira inclusión. Facémolo da seguinte forma:

• Promovendo a sensibilización e concienciación social da nosa contorna.

• Ofrecendo un centro integral de referencia, no que profesionais especializados deseñan e facilitan servizos de atención e apoio ás persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias, e no que os nosos usuarios e as nosas usuarias son parte activa do seu propio programa de intervención.

Traballando en rede con outras entidades para sumar esforzos e lograr un beneficio común.

• Loitando para que as persoas con síndrome de Asperger sexan ciudadáns de pleno dereito, implicando niso ás Administracións Públicas.

• Traballando coas persoas con TEA/SA para que tomen o control das súas propias vidas e protagonicen o futuro do seu colectivo. Fomentando as súas capacidades co obxectivo de garantir que as súas voces sexan escoitadas e se tomen en conta cando se fale sobre elas e as súas necesidades a nivel local, rexional e nacional.

• Xestionando responsablemente, con ética e total transparencia co fin de alcanzar as nosas metas.

A NOSA HISTORIA

• 2006 – Nacemos sen apenas recursos, sen local propio, grazas a un grupo de FAMILIAS de persoas con síndrome de Asperger convencidas de que a unión fai a forza.

• 2010O Concello da Coruña cédenos espazo no Centro Cívico Municipal de Eirís e comezamos a contratar persoal a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia. É o empuxón necesario para organizar MÁIS SERVIZOS, ACTIVIDADES E OBRADOIROS.

• 2014 – Chega o recoñecemento como CENTRO SANITARIO e poñemos en marcha a UNIDADE DE VALORACIÓN ESPECÍFICA DE TEA e INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA.

• 2015 – ASPERGA é declarada ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA.

• 2016 – Abrimos un novo PUNTO DE ATENCIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

• 2019 – Trasladámonos ao noso NOVO CENTRO na Coruña, máis grande e equipado, co fin de mellorar os nosos servizos e adaptalos en maior medida ás necesidades dos nosos usuarios e das nosas usuarias.