¿TÉS PREGUNTAS?

DÁMOSCHE AS RESPOSTAS

Se queres saber máis sobre quenes somos e qué facemos, envíanos a túa consulta a través da nosa páxina de contacto

CREO QUE O MEU FILL@ PODE TER SÍNDROME DE ASPERGER. COMO PODO SABELO E QUÉ É O PRIMEIRO QUE DEBO FACER?

O primeiro que debes facer é estar tranquil@. Despois, chámanos ou achégache aos nosos centros, cóntanos que ocorre e concierta unha cita cos nosos profesionais para que poidan realizar unha valoración específica do caso. Se o teu fill@ ten un trastorno do espectro autista tes que saber que non estades sós e que en ASPERGA podemos prestarvos asesoramento e ofrecervos atención terapéutica a través dos nosos servizos.

Como me pode axudar ASPERGA? Que servizos tedes?

Temos programas e servizos orientados a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios. Ademais de realizar valoracións específicas de TEA, proporcionamos atención psicolóxica, logopédica, psicopedagóxica e de terapia ocupacional. Traballamos as habilidades sociais, a atención temperá en nenos de 0 a 6 anos, a creatividade ou a xestión das emocións a través de talleres artísticos, creativos e de lecer ou exercicio. Organizamos actividades e proxectos para avanzar na inclusión social, dispoñemos dun programa para os pais co obxectivo de mellorar a comunicación e a convivencia en familia, formamos a profesores, damos charlas en centros educativos, informamos sobre os recursos e axudas dispoñibles e prestamos apoio educativo con clases de reforzo.

Organizades actividades de lecer?

Sí. Temos un programa específico que inclúe todo tipo de actividades: artísticas, deportivas, campamentos, de contacto coa natureza…

A que ten dereito o meu fill@ no colexio ou no instituto?

O decreto 229/2011 da Xunta regula a atención á diversidade do alumnado cunha serie de medidas ordinarias e tamén extraordinarias. Entre as ordinarias, por exemplo, os centros educativos deben adecuar a súa estrutura organizativa (horarios, grupos, espazos) ás características do alumnado, así como as súas programacións didácticas ou os procedementos de avaliación; a metodoloxía ha de basearse no traballo en grupos heteroxéneos, e deben promover a inclusión e as actuacións destinadas a mellorar a convivencia. ASPERGA é unha ligazón entre o centro educativo e a familia e traballa en colaboración cos pais e profesores/orientadores, dando pautas metodolóxicas e para adaptacións de material ou exames, co fin de crear unha contorna positiva na aula e, así, favorecer a inclusión.

Podes acceder a todos os recursos dispoñibles pinchando nesta ligazón.

Informádes ós centros educativos?

Si. Cando nos chama algún colexio ou instituto interesado acudimos a dar charlas informativas para a comunidade escolar e de formación para profesorado, pero tamén propoñemos facelas naqueles centros que aínda non visitamos para que coñezan e entendan que é o TEA/SA.

Son profesor/a e gustaríame saber máis da síndrome para axudar ós alumnos que o poidan necesitar. Como podo formarme?

Chama á nosa asociación (881 917 318) e poñerémosche en contacto con algún dos profesionais do noso equipo para informarche e poder concertar algunha charla formativa. Ademais, impartimos formación para profesores e centros no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e nos distintos CFR (Centro de Formación e Recursos).

As terapias teñen algún custo?

Conscientes do esforzo económico que supón a atención especializada e continuada para as familias, tentamos que as tarifas sexan alcanzables para todas elas e buscamos fórmulas de pago adaptadas a cada caso. Os nosos servizos teñen un custo para o usuario, subvencionado en parte por distintas entidades.

Que reivindicades desde ASPERGA?

Queremos avanzar nos ámbitos normativo, sanitario, educativo e laboral. Para concienciar á sociedade na neurodiversidade e lograr un verdadeiro futuro de inclusión para as persoas con TEA/SA demandamos:

• Máis formación específica a profesionais sanitarios e ao profesorado.
• Mellora dos sistemas de valoración da discapacidade e dependencia.
• Incorporación do TEA/SA de maneira específica á normativa española.
• Acceso ás bolsas e axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio.
• Adaptación dos procesos de acceso ó emprego público (oposicións) e inclusión nos programas de emprego con apoio en empresas.

Como podo contactar convosco?

Fai clic aquí e terás toda a información necesaria para comunicarte con nós.

COMO PODO FACERME SOCIO?

Fai clic aquí e terás toda a información necesaria para comunicarte con nós.

COMO PODO FACERME USUARIO?

Fai clic aquí e terás toda a información necesaria para comunicarte con nós.