Axenda
- Este evento pasou.
PROGRAMA DE EMPODERAMENTO E CAPACITACIÓN DE FAMILIAS DE PERSOAS CON TEA
3 de Febreiro de 2022 @ 18:15 - 19:45
QUE É O TEA, TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO?
Xoves 3 de febreiro de 2022.
18:15 – 19:45.
Prazas limitadas.
Prioridade usuarios/as e socios/as.
Xornada en liña a través da plataforma ZOOM.
Abordaremos en profundidade que é o TEA (Trastorno do Espectro do Autismo), as súas principais características e os diferentes apoios que existen. Centraremos a xornada no TEA de grado I, denominado síndrome de Asperger.
Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).