Axenda
- Este evento pasou.
PROGRAMA DE EMPODERAMENTO E CAPACITACIÓN DE FAMILIAS DE PERSOAS CON TEA
24 de Marzo de 2022 @ 18:15 - 19:45
DEPORTE E TEA
Xoves 24 de marzo de 2022
De 18:15 horas a 19:45 horas
Prazas limitadas
Prioridade usuarios/as e socios/as de ASPERGA
Xornada en liña a través da plataforma ZOOM
Debido ás características das persoas con TEA e as súas dificultades a nivel psicomotor e social, é habitual que exista unha baixa adherencia a actividades físicas e deportivas neste colectivo. Por isto, explicaremos durante esta formación cales son esas dificultades, por que suceden e como podemos adaptar certas actividades para favorecer unha boa adherencia ás mesmas.
Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).