Go up

ESGRIMA – QUINCENAL

Actividades

Club Esgrima Atlántico convida ás persoas socias e usuarias de ASPERGA a participar nunha actividade de esgrima gratuíta grazas á subvención da Fundación Emalcsa.

A actividade levarase a cabo de forma quincenal os xoves de 16:00h a 17:00h. Organizaranse dous grupos, que se formarán en función das idades das persoas inscritas.

LUGAR ONDE SE REALIZA A ACTIVIDADE: Casa da Auga, en A Coruña.

-> PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER Á INSCRICIÓN

IMPORTANTE: Esta actividade non contará co acompañamento de persoal de ASPERGA nas instalacións. Porén, haberá profesionais do centro para facer un adecuado seguimento e asegurar o benestar das persoas participantes.

A realización da actividade está suxeita a un grupo mínimo de participantes.