Go up

ECO CAMP – CAMPAMENTO NO QUE SE PASA A NOITE

Actividades

-> PREMA NA SEGUINTE LIGAZÓN PARA ACCEDER A INSCRICIÓN

AS PERSOAS USUARIAS E SOCIAS DE ASPERGA TERÁN PRIORIDADE NESTE CAMPAMENTO

  • Localización:  Albergue Eco Turístico Alvarella, en Centroña   
  • Datas: as dúas primeiras semanas de xullo de luns a sábado (separadas por idades)
  • GRUPO 1/SEMANA 1 – ADULTOS (de 18 a 30 anos*):  do luns 7 ao sábado 12 de XULLO   *(valoración de cada caso baixo criterio profesional)
  •  GRUPO 2/SEMANA 2 – ADOLESCENTES (de 13 a 17 anos):  do luns 14 ao sábado 19 de XULLO
  • Prezo: 450€/semana
  • Obxectivos: mellorar a calidade de vida das persoas participantes ofrecendo unha intervención integral.
  • Metodoloxía: este campamento centrarase nas capacidades, habilidades e necesidades das persoas participantes, cun enfoque activo, participativo, dinámico, flexible e lúdico.
  • Equipo técnico: estará formado por profesionais sanitarios, educadores sociais e pedagogos da asociación, con experiencia en tempo libre e lecer.
  • Actividades: orientadas a favorecer o contacto directo coa natureza, estimulando a curiosidade, o respecto polo medio e a conexión co entorno natural. Desenvolveranse en contornos ao aire libre que propicien experiencias significativas e adaptadas ás características do grupo. A través do xogo, a exploración e a convivencia, promoveranse espazos para o desenvolvemento da autonomía, o benestar emocional, as relacións sociais e a colaboración. O enfoque centrado na persoa garante que cada participante poida gozar da experiencia ao seu ritmo, nun ambiente seguro, inclusivo e enriquecedor.