Go up

DEPUTACIÓN CORUÑA – SUBVENCIÓN TRABALLADOR SOCIAL

Novas

O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, a través da Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña, subvenciona o Programa de Asesoramento a Persoas con Síndrome de Asperger e Autismo e ás súas familias. Esta axuda enmárcase dentro da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarios do ano 2024.

Este programa permite ofrecer un servizo de orientación e apoio fundamental para mellorar o benestar das persoas con TEA e das súas familias. A través do traballo do noso equipo profesional, facilitamos información sobre recursos sociais e sanitarios, asesoramos en trámites e dereitos, e brindamos acompañamento no proceso de adaptación a diferentes etapas vitais. Ademais, fomentamos a autonomía persoal, a inclusión educativa e laboral, e proporcionamos estratexias para afrontar os retos cotiáns, promovendo un entorno máis accesible e comprensivo para todas as persoas.