Con moita ilusión, queremos convidarvos a participar na Convivencia de ASPERGA, unha oportunidade única para desfrutar, compartir experiencias en grupo e traballar a autonomía das persoas participantes. Información clave:
- Quen pode participar? Persoas usuarias e socias dos centros de A Coruña e Santiago de Compostela, con idades entre 12 e 14 anos.
- Espazo e prezo: Ambos están pendentes de confirmación. Avisaremos en canto teñamos máis detalles.
- Datas: o finde do 14 ao 15 de decembro.
- Inscrición: Se estades interesados, cubride este formulario para recibir toda a información: https://forms.gle/RYmMus2UKdVNakKJA
IMPORTANTE: Hai límite de prazas, polo que vos animamos a anotarvos o antes posible.