Informamos con especial satisfacción que ASPERGA contará cun novo local para a súa sede, grazas ao apoio da Deputación Provincial da Coruña, no marco dun convenio de colaboración polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento da adquisición do inmoble.
A adquisición formalizouse o 10 de xaneiro de 2025, cun orzamento total de 375.000 €, dos cales 300.000 € foron subvencionados pola Deputación da Coruña.

Este importante avance representa un paso estratéxico para a consolidación e o desenvolvemento da nosa entidade, permitindo dispoñer dun espazo máis amplo, accesible e axeitado para continuar mellorando os servizos dirixidos ás persoas autistas e ás súas familias.
Desde ASPERGA, queremos expresar o noso agradecemento á Deputación da Coruña polo seu compromiso co asociacionismo e co benestar das persoas autistas. Este apoio supón un impulso fundamental para seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva.
