Go up

TEMPO DE LECER – 25 DE NOVEMBRO

Tempo de Lecer

Dende ASPERGA, queremos seguir motivando as persoas a ter unha forma de vida activa, por iso, imos organizar en colaboración co Concello de Betanzos , unha andaina duns 3,5 kms.

O roteiro que vos propoñemos forma parte dos “Sendeiros” do Concello de Betanzos. É un roteiro circular por lugares interesantes a nivel etnográfico e histórico, e tamén de natureza, inda que practicamente todo o percorrido é por asfalto e pedra (así que non vos preocupedes no caso de que esté mollado). Recorreremos os Muiños da Caraña e parte do Camiño Inglés de Santiago e iremos acompañados polo Técnico de Deportes do Concello de Betanzos.oñecer novos lugares

  • TAREFA: De balde.
  • DATA: 25 de novembro.
  • SAÍDA: 10:00. Na entrada ao porto de Betanzos, o lado do clube de piragüismo.
  • CHEGADA: Ao mesmo punto de saída.
  • DISTANCIA: 3,5 km.
  • DURACIÓN: Menos de dúas horas.
  • DIFICULTADE: Baixa
  • Pode participar calquiera persoa que teña ganas de camiñar e coñecer novos lugares.

INSCRIPCIÓNS: PREMA NESTA LIGAZÓN