Go up

22 FEBREIRO – ACTO POLO DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

Actividades

Desde ASPERGA, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, temos o pracer de convidarvos ao acto institucional e xornada titulada “POV: Adolescente e Autista. Crónica en primeira persoa”, que terá lugar o próximo sábado 22 de febreiro de 2025 para conmemorar o Día Internacional da Síndrome de Asperger.O evento celebrarase na Fundación María José Jove (Rúa Galileo Galilei, 6, 15008 A Coruña) e estará centrado na adolescencia e o autismo, ofrecendo un espazo para a reflexión e o intercambio de experiencias en primeira persoa.

INSCRICIÓN: https://forms.gle/ECB39nTdjfG8wAU4A

Programa da Xornada

  • 09:30 – 10:00: Presentación institucional
  • 10:00 – 11:00: TEA e adolescencia. Introdución a cargo de Sira Cerviño (terapeuta ocupacional) e Teresa Andrade (psicóloga), acompañadas por un adolescente autista que compartirá a súa perspectiva.
  • 11:00 – 11:45: Ámbito educativo e adolescentes no espectro. Charla e experiencia en primeira persoa sobre a mellora das contornas educativas dende a perspectiva de alumnado autista.
  • 11:45 – 12:15: Descanso
  • 12:15 – 12:45: Duólogo a cargo de dous adolescentes autistas.
  • 12:45 – 13:30: Mesa redonda: Recibir o diagnóstico.
  • 13:30 – 14:00: Clausura do acto.


Información do evento

  • Data: Sábado, 22 de febreiro de 2025
  • Horario: De 09:30 a 14:00
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar: Fundación María José Jove, Rúa Galileo Galilei, 6, 15008 A Coruña
  • Prezo: Gratuíto
  • Inscrición: https://forms.gle/ECB39nTdjfG8wAU4A