BOLETÍN NÚMERO 16

importante para ti, importante para nós

INDICACIÓNS XERAIS

  1. ROGAMOS SILENCIO nos nosos centros. Imprescindible manter silencio nas zonas comúns, respectando así o traballo de profesionais e outros/as usuarios/as.
  2. IMPRESCINDIBLE PUNTUALIDADE para aproveitar ao máximo a sesión e respectar a entrada da persoa que chegue a continuación.
  3. Avisa se necesitas FALAR CO TEU TERAPEUTA para que vos indique que momento é o adecuado para interromper o menos posible a sesión; evita falar na sala de espera.
  4. Podes CONTACTAR CO TEU TERAPÉUTA en calquera momento vía e-mail; responderá cando lle sexa posible.

o que vai pasar en ASPERGA

SUMÉRXETE
INICIACIÓN Á NATACIÓN

A CORUÑA

Metodoloxía adaptada a personas con TEA con grado de apoio 1.
Para persoas desde os 6 anos. Grupos reducidos.
Horario a escoller: luns ou xoves á tarde.
Temporalidade: trimestral (xaneiro – febreiro – marzo)

Custo para socios/as: 40€ ao mes.
Custo para non socios/as: 45€ ao mes.

>> MÁIS INFORMACIÓN contacta con ASPERGA en deporte.asperga@asperga.org

>> INSCRICIÓN 

PROBA E DISFRUTA
INICIACIÓN AO PÁDEL

A CORUÑA

Metodoloxía adaptada a personas con TEA con grao de apoio 1.
Para personas desde os 8 anos. Grupos reducidos.
Venres de 16:30 a 17:30 horas.
Inicio o venres 2 de decembro. 4 sesións de duración.
Centro: Pádel Feáns. A Coruña.

Custo para socios/as: 30€ as 4 sesións.
Custo para non socios/as: 35€ as 4 sesións.

>> MÁIS INFORMACIÓN contacta con ASPERGA en deporte.asperga@asperga.org

>> INSCRICIÓN

ACTIVA
O TEU CORPO

A CORUÑA

Espazo de familiarización coas actividades deportivas de forma atractiva, divertida e dinámica; enfocado a crear hábitos de vida saudable e mellorar a condición física. Traballaremos específicamente o desenvolvemento de habilidades sociomotrices. Actividade semanal.

Centro: Complexo Deportivo San Diego. A Coruña.
Dirixido a SOCIOS/AS e USUARIOS/AS a partir dos 6 anos.

Custo: 30€ ao mes.

>> MÁIS INFORMACIÓN 

>> INSCRICIÓN

FORMACIÓN PRESENCIAL
GRATUÍTA

CONCELLO DE NARÓN

SÁBADO 3 DE DECEMBRO
DE 13:00 A 13:00
LOCAL SOCIAL DE PIÑEIRO. NARÓN

Desde ASPERGA, a través do convenio de  colaboración asinado co Concello de Narón, organizamos unha charla aberta, aínda que especialmente dirixida ao profesorado de educación infantil.

Daremos estratexias para recoñecer as primeras sinais de TEA nun neno ou nunha nena de 0 a 6 anos, coa finalidade de contribuir á detección temperá do TEA e favorecer unha mellor adaptación e un benestar familiar.

Non é necesaria inscrición. Prazas até cubrir aforo.

TEMPO DE LECER
PARTIDO DE FÚTBOL

A CORUÑA

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
ASPERGA organiza un partido de fútbol para socios/as, usuarios/as, familiares e amigos/as.

Idades: a partir de 12 anos (consultar primeiro antes de inscribir a menores desta idade).
Lugar: Pabellón Municipal de Ventorrillo.
Data: sábado 3 de decembro de 2022.
Horario: de 11:00 a 13:00 horas.

Custo para socios/as, usuarios/as e familiares directos: 0€
Custo para non socios/as: 3€

>> MÁIS INFORMACIÓN contacta con ASPERGA en deporte.asperga@asperga.org

>> INSCRICIÓN

BAIXO O MESMO
PARAUGAS

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O próximo SÁBADO 3 DE DECEMBRO se organizan diferentes encontros BAIXO O MESMO PARAUGAS con motivo do Día Internación das Persoas con Discapacidade.

ASPERGA únese, xunto con cerca de 100 entidades sociais en toda Galicia.

Despóis de moito tempo estaremos de novo nas rúas, cos nosos paraugas de cores, para loitar por unha sociedade diversa e plural. Animámoste a participar.

>> MÁIS INFORMACIÓN

outras novas do teu interese

CONVOCATORIA CESTAS BÁSICAS

PARA FAMILIAS DE ENTIDADES SOCIAIS DE AUTISMO ESPAÑA EN SITUACIÓN DE ALTA VULNERABILIDADE

Autismo España, coa colaboración de CaixaBank, repartirá 29 Cestas Básicas a familias en situación de alta vulnerabilidade que sexan usuarias e/ou socias de entidades sociais de Autismo España, co fin de contribuir a asegurar a alimentación básica.

  • Prazo de solicitude: até o 12 de decembro ás 15:00 horas.
  • Acceso ás bases aquí.
  • Acceso ao formulario aquí.

>> MÁIS INFORMACIÓN contacta co noso traballador social en yago.lage@asperga.org

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA #EmerxenciaVivenda

EAPN plataforma da loita contra a pobreza

A Federación Autismo Galicia, da que ASPERGA forma parte, da difusión a este concurso de fotografía coa temática “Pobreza, exclusión e vivenda”, valorándose que reflictan situacións reais e actuais desta problemática.

  • Prazo de solicitude: até o 13 de decembro ás 23:29 horas.
  • Acceso ás bases aquí.
  • Modelo de autorización e consentimento para a toma de imaxes aquí.

EL CLUB DE LOS DIVERGENTES

NEURODIVERXENTE E NEUROTÍPICO, NON TAN DIFERENTES COMA PENSAS

Os invitamos a leer esta novela, escrita por María Losada Vázquez, usuaria no noso centro de Santiago de Compostela. A través da vivencia de cinco rapaces e rapazas e doutras persoas que forman parte da súa contorna, a escritora pretende explicar da maneira máis realista posible, o que supón ter autismo e pertencer á comunidade “neurodiverxente”.

>> MÁIS INFORMACIÓN

o que xa pasou en ASPERGA

ENVELLECEMENTO E TEA

A Federación de Autismo de Galicia invitou a varios membros de ASPERGA (Marisol-Xerente, Inés-Psicóloga, Valetín-psicólogo e Uxío-psicólogo) a participar nun grupo de discusión sobre o proxecto “Envellecemento e TEA”, que tivo lugar o pasado mércores 23 de novembro.

PREMIO NA VI CONVOCATORIA "CULTURA INCLUSIVA 2021"

Un usuario de ASPERGA obtivo o Primeiro Premio de Artes Plásticas nesta convocatoria organizada pola Sociedade Filatélica de A Coruña.  A nosa xerente, Marisol García Penalta, estivo presente na inauguración da exposición de todas as obras xunto cos premiados, na Biblioteca Durán Loriga. Este debuxo gañador terá unha tirada de 1000 exemplares que poderemos adquirir a partir do 8 de novembro.

RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS CON TEA

COLEXIO OFICIAL DE TERAPEUTAS DE GALICIA

A Federación de Autismo de Galicia invitou a Marcarena Sánchez, terpeuta ocupacional de ASPERGA, a participar neste webinario dirixido a colexiados oficais de Terapia Ocupacional, dentro da iniciativa do proxecto “1 de 100 Plus”, dando así prioridade a un proceso de sensibilización cara aos profesionais que están en contacto directo coas persoas con TEA.

PROGRAMA TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA

O pasado xoves 24 de novembro, a Unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional, impartiu unha charla sobre ciberseguridade no noso centro de Santiago de Compostela. Nesta charla informaron a los/as asistentes sobre como protexer a súa privacidade online ou realizar compras online seguras. Falouse tamén sobre o ciberbulling, en que consiste e como actuar fronte a el.

TALLER DE ROBÓTICA

CONCELLO DE NARÓN

ASPERGA ten asinado co Concello de Narón un convenio de colaboración. Este ano a Academia Marga Carballo organizou un taller de robótica dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos nas súas instalaciones de dito concello.

enquisas e colaboracións sobre o TEA

ESTUDO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

A Federación de Autismo de Galicia lanza unha enquisa de análise para recoller información do proceso de envellecemento das persoas con TEA maiores de 40 anos.
Se queres participar neste estudo entra na seguinte ligazón:

>> PARTICIPA NA ENQUISA 

HÁBITOS DEPORTIVOS

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, lanza esta enquisa sobre os hábitos deportivos nas persoas en situación de discapacidade.
Se queres participar entra na seguinte ligazón:

>> PARTICIPA NA ENQUISA 

CALIDADE DO SOÑO EN NENOS E NENAS CON TEA

Un equipo de investigadores da Universidade de León están realizando un estudo dirixido a entender as causas ambientais que inflúen na calidade do soño en nenos e nenas con TEA.

Se queres participar na investigación entra na seguinte ligazon:

>> PARTICIPA NA ENQUISA 

espazo de emprego e formación

FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILENCIA

Seguimos con este programa dirixido a persoas con discapacidade, grazas ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e EAPN Galicia e Federación Autismo Galicia. Este programa ten como obxectivo principal dotar ás persoas participantes das motivacións, habilidades, competencias e capacidades requeridas para acceder ao mercado laboral.

>> BOLETÍN PROGRAMA INTEGRADO MRR-ASPERGA

financiadores e colaboradores

CONCELLO DA CORUÑA

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá. ASPERGA recibe no ano 2022 unha subvención por importe de 3.525,25€ para financiar gastos de administración.

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá. ASPERGA asina no 2022 un conveni por importe de 10.000€ para financiar gastos de mantemento da entidade.

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá. APERGA recibe unha axuda de 2.201€ para o programa de Orientación e Asesoramento en Primeira Consulta, dentro das subvencións a entidades sociais sen ánimo de lucro, destinadas a actividades ou proxectos de interese social no exercicio de 2022.

XUNTA DE GALICIA

Consellería de Política Social. ASPERGA recibe unha subvención de 79.983€ para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro (código de procedemento TR352A). Contratación de psicólogo/a, logopeda, pedagogo/a e xornalista.

Consellería de Política Social. ASPERGA recibe 10.184,88€ a través dun convenio coa Federación Autismo de Galicia para cubrir custos de persoal do Programa de Prevención do Deterioro Cognitivo das persoas con TEA.

FUNDACIÓN LA CAIXA

En el marco da convocatoria Galicia 2022 do Programa de Axudas Proxectos de iniciativas sociais, ASPERGA recibe 27.850€ para o seu proxecto DES-PEGUE.

FAITE SOCIO/A DE ASPERGA

Axúdanos a defender os intereses das persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias.

FAI UNHA DOAZÓN

Ao facer un donativo contribúes a que podamos ofrecer unha atención de calidade.

FAITE VOLUNTARIO/A

Colabora connosco nos talleres e actividades con nenos/as, adolescentes e adultos/as.