SERVIZOS ASPERGA

INTERVENCIÓN GRUPAL

HABILIDADES SOCIAIS, VIDA ADULTA, MÓVETE

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS

XOGAR E DIVERTIRSE é a mellor forma de APRENDER DESTREZAS SOCIAIS. Poñemos en práctica de maneira lúdica as habilidades de comunicación, interacción social e manexo emocional para que os usuarios extrapolen os coñecementos adquiridos de forma inmediata e real a contextos habituais (casa, colexio, amigos).

-> VER VÍDEO

PROGRAMA “TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA”

É un programa destinado a potenciar a AUTONOMÍA das persoas TEA/SA e as súas DESTREZAS COMUNICATIVAS na súa transición á vida adulta. Intervimos en dúas áreas crave: as ACTIVIDADES INSTRUMENTAIS E DA VIDA DIARIA E EN COMUNIDADE (tarefas do fogar, preparación de comidas, limpeza, lectura de facturas, manexo do diñeiro, coller un medio de transporte, planificación de compras…) e a FORMACIÓN e o EMPREGO (habilidades comunicativas para entrevistas de traballo, contacto con empresas e entidades, voluntariado, prospección laboral…).

-> VER PDF con máis información

-> VER VÍDEO

PROGRAMA DE APOIO EDUCATIVO

Desde ASPERGA lanzamos un novo programa de APOIO EDUCATIVO a medida de cada usuario. Con grupos dun máximo de 3 persoas, aínda que poderán contratarse clases particulares individuais.

Este programa pretende mellorar o rendemento académico, estar ao día cos deberes e demandas do curso académico para alcanzar as competencias básicas de cada etapa educativa.

Realizarase un seguimento constante coas familias; comunicacións co centro educativo e intervención en caso de ser necesario.

Lograremos estimular desde a positividade e o respecto, fomentando as capacidades e fortalezas para mellorar a autoestima.

-> VER VÍDEO

PROGRAMA “ACTIVA O TEU CORPO”

Espazo de familiarización coas actividades deportivas, no que fomentaremos hábitos de vida saudable e melloraremos a condición física, a través de xogos pre-deportivos e a iniciación a diferentes disciplinas deportivas de forma atractiva, divertida e dinámica.

En base ás características das persoas con TEA/SA, nesta actividade trabállase específicamente o desenvolvemento de habilidades sociomotrices, a maiores das capacidades físicas básicas, as habilidades motrices e destrezas básicas, realizando unha planificación anual na cal se expoñen sesións dinámicas e participativas, ofrecendo unha gran variedade de experiencias motrices.

Desta maneira creamos unha base motriz nos participantes que achegue confianza e seguridade en si mesmos facía a interacción social a través do deporte, necesarias para un proceso real de inclusión social.