o que vai pasar en ASPERGA
DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

MANIFESTO DA CAMPAÑA
Este ano 2022, o lema é “Unha feliz viaxe pola vida”, poñendo o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e das súas familias de gozar dunha vida feliz.
Súmate á campaña e comparte o manifesto nas redes sociais, para que o firme a cidadanía e dar, un ano máis, visibilidade das demandas do movemento asociativo do autismo.
ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
O movemento asociativo da Federación Autismo Galicia, da que ASPERGA forma parte, organiza un acto con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Data: sábado 2 de abril de 2022.
Hora: de 11:30 a 13:30 horas.
O acto terá un formato televisivo en straeming, coa colaboración da Cidade da Cultura.
ACTO INSTITUCIONAL DE AUTISMO ESPAÑA
A presidenta do Congreso dos Diputados preside o acto institucional do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Data: xoves 31 de marzo de 2022.
Hora: de 17:00 a 19:00 horas.
Este evento é aberto e poderá segurise en directo por streaming.

TEMPO DE LECER A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 23 de abril de 2022
De 11:00 a 14:00 horas
AQUARIUM FINISTERRAE + DOMUS
Actividade gratuíta
TEMPO DE LECER SANTIAGO DE COMPOSTELA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS desde 12 anos
Sábado 23 de abril de 2022
De 10:00 a 13:00 horas
MUSEO DO POBO GALEGO
Actividade gratuíta
TEMPO DE LECER A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 12 a 15 anos
Sábado 30 de abril de 2022
De 10:00 a 13:00 horas
URBAN PLANET JUMP
Actividade non gratuíta
TEMPO DE LECER SANTIAGO DE COMPOSTELA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 30 de abril de 2022
De 10:30 a 13:30 horas
MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Actividade non gratuíta
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).

FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Xoves 7 de abril de 2022
De 18:45 a 19:45 horas
A VIDA LABORAL NAS PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta
FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Xoves 28 de abril de 2022
De 18:45 a 19:45 horas
A VIDA ADULTA NAS PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).

SERVICIO DE APOIO EDUCATIVO en SANTIAGO DE COMPOSTELA
PARA USUARIOS/AS E SOCIOS/AS DE 6 A 12 ANOS
Do mesmo xeito que na Coruña, comezamos no noso centro de Santiago de Compostela, o servizo de apoio educativo. Con este servizo pretendemos, non só resolver as dúbidas e as tarefas do colexio, senón prestar un servizo que axude aos/as nenos e nenas a mellorar a organización e sistematización dos seus quefaceres diarios, atendendo sempre ás súas capacidades e habilidades.
Se desexas máis información contacta no teléfono 881 165 157 ou no correo electrónico info@asperga.org
o que está pasando en ASPERGA

MÁIS DEPORTE NA CIDADE DA CORUÑA
PROGRAMA DE ADHERENCIA AO DEPORTE (maiores de 18 anos)
Todos sabemos o importante que é o deporte e o difícil que é atopar unha modalidade que se adapte ás nosas habilidades e aos nosos intereses. Este programa nace da demanda das persoas que asisten á nosa asociación con o interese común de mellorar a súa actividade física.
Realizaremos sesións en colaboración con clubs e instalacións deportivas, que acheguen un pouco máis aos/as participantes do programa a diferentes modalidades do deporte; os/as orientaremos e os/as asesoraremos sobre aqueles deportes cos que teñan máis afinidade e os/as animaremos a que continúen na súa práctica de maneira independente.
Esta primeira etapa “piloto” do proxecto a levaremos a cabo na cidade da Coruña.
- Grupo de 18 a 26 anos: xoves de 15:30 a 16:30 horas
- Grupo desde 26 anos: venres de 16:00 a 17:00 horas
Para máis información contacta con nós no teléfono 881 917 318 ou no correo electrónico monica.garcia@asperga.org

EIXO SOCIAL NA CIDADE DA CORUÑA
PROGRAMA DE OCIO (para maiores de 18 anos)
Cremos na importanica de crear e “facer noso” o hábito de saír con outras persoas, con intereses similares aos nosos, cremos na necesidade de conversar con outras persoas sobre as nosas afeccións, cremos na importancia de crear lazos de amizade.
Desta idea nace este programa. Unha coordinadora de ASPERGA, xunto coas persoas interesadas, decidiremos que facer na cidade da Coruña en cada xornada: visitar un lugar de interese, tomar algo, asistir a algún evento…
As primeiras “citas” as levaremos a cabo de maneira quincenal, os mércores de 16:00 a 17:30 horas.
Para máis información contacta con nós no teléfono 881 917 318 ou no correo electrónico monica.garcia@asperga.org

SERVIZO INTEGRAL PARA NENOS E NENAS DE 0 A 6 ANOS
Desde o mes de xaneiro, no noso centro de Santiago de Compostela, contamos co servizo de atención temperá, asistido por unha terapeuta ocupacional, unha psicóloga e unha logopeda.

INTERVENCIÓN LOGOPÉDICA
o que xa pasou en ASPERGA

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
A asociación ASPERGA, a través do servizo de orientación laboral, e a empresa Eco Expansión, dedicada á recuperación de débeda bancaria, colaboran conxuntamente desde o mes de marzo a través de dúas insercións laborais con persoas vinculadas á nosa entidade, en postos de auxiliar administrativo.
Este servicio de orientación laboral está subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Emprego e Igualdade.
outras novas de interese
LOBOS DE MAR
PARA USUARIOS/AS e SOCIOS/AS DE ASPERGA
Como todos os anos o Club Marítimo de Oza “O Puntal”, ofrece aos usuarios/as e socios/as de ASPERGA a oportunidade de participar no programa LOBOS DE MAR, onde poderás aprender o manexo de embarcacións de vela. Este programa se levará a cabo desde o 2 de abril ao 25 de xuño de 2022, os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Se desexas máis información, por favor contacta directamente co Club Marítimo de Oza, a través do correo electrónico velacmoza@gmail.com ou no teléfono 686 501 354.
espazo de emprego e formación
TALLER DE DIXITALIZACIÓN
PARA USUARIOS/AS E SOCIOS/AS DE ASPERGA
I EDICIÓN DO TALLER DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS DE PERSOAS CON TEA
FESPAU organiza esta formación dirixida a nais e pais cuxo obxectivo principal é adquirir coñecementos que nos permitan comprender de forma máis ampla e potenciar o desenvolvemento integral de nenos/as con TEA no ambiente familiar.
Data: todos os martes do 19 de abril ata o 21 de xuño.
Hora: de 17:00 a 19:30 horas.
Número de prazas limitadas.
Correo de contacto: psicologia@fespau.es
QUERES SABER MÁIS SOBRE ASPERGA?
FAITE SOCIO DE ASPERGA
Axúdanos a defender os intereses das persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias.
FAI UNHA DOAZÓN
Ao facer un donativo contribúes a que podamos ofrecer unha atención de calidade.
FAITE VOLUNTARIO
Colabora connosco nos talleres e actividades con nenos/as, adolescentes e adultos/as.