BOLETÍN NÚMERO 11

o que vai a pasar en ASPERGA

XORNADA DE ORIENTACIÓN ENKI

PARA USUARIOS/AS, SOCIOS/AS E FAMILIARES DE ASPERGA
Sábado 2 de abril de 2022
De 10:30 a 13:30 horas
Parque de Bens. A Coruña
Participa coa túa familia nesta actividade gratuíta organizada por ENKI. Temos un máximo de 25 prazas, reserva as túas prazas canto antes: o prazo remata o 25 DE MARZO.

–> INSCRICIÓN E INFORMACIÓN

TEMPO DE LECER A CORUÑA

USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 12 de marzo de 2022
De 10:00 a 13:00 horas

YINCANA en ASPERGA
Actividade gratuíta

–> INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

TEMPO DE LECER A CORUÑA

USUARIOS/AS, SOCIOS/AS desde 16 anos
Sábado 19 de marzo de 2022
De 10:00 a 13:00 horas

URBAN PLANET JUMP
Actividade non gratuíta

–> INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

TEMPO DE LECER SANTIAGO DE COMPOSTELA

USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 19 de marzo de 2022
De 10:30 a 13:00

DIVER JUMP
Actividade non gratuíta

–> INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Servizo subvencionado por Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS

PRIORIDADE USUARIOS/AS E SOCIOS/AS
Xoves 17 de marzo de 2022
De 18:45 a 19:45 horas

INTERVENCIÓN TERAPÉUTICA DE PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta

–> INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS

PRIORIDADE USUARIOS/AS E SOCIOS/AS
Xoves 24 de marzo de 2022
De 18:45 a 19:45 horas

O DEPORTE E O TEA
Actividade online gratuíta

–> INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Servizo subvencionado por Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

MÁIS DEPORTE

PROGRAMA DE ADHERENCIA AO DEPORTE (maiores de 18 anos)

Todos sabemos o importante que é o deporte e o difícil que é atopar unha modalidade que se adapte ás nosas habilidades e aos nosos intereses. Este programa nace da demanda das persoas que asisten á nosa asociación co interese común de mellorar a súa actividade física.

Realizaremos sesións en colaboración con clubes e instalacións deportivas, que acerquen un pouco máis aos participantes deste programa a diferentes modalidades do deporte; os orientaremos e asesoraremos naqueles deportes cos que teñan máis afinidade e os animaremos a que continúen na súa práctica de maneira independente.

Esta primeira etapa “piloto” do proxecto levarase a cabo no Concello da Coruña.

  • Grupo de 18 a 26 anos: xoves de 15:30 a 16:30 horas
  • Grupo desde 26 anos: venres de 16:00 a 17:00 horas

Para máis información contacta con nós no teléfono 881 917 318 ou no correo electrónico monica.garcia@asperga.org

EIXO SOCIAL

PROGRAMA DE LECER (para maiores de 18 anos)

Cremos na importanica de crear e “facer noso” o hábito de saír con outras persoas, con intereses similares aos nosos, cremos na necesidade de conversar con outras persoas sobre as nosas afeccións, cremos na importancia de crear lazos de amizade.

Desta idea nace este programa. Unha coordinadora de ASPERGA, xunto coas persoas interesadas, decidiremos que facer na cidade da Coruña en cada xornada: visitar un lugar de interese, tomar algo, asistir a algún evento…

As primeiras “citas” levaranse a cabo de maneira quincenal, os mércores de 16:00 a 17:30 horas.

Para máis información contacta con nós no teléfono 881 917 318 ou no correo electrónico monica.garcia@asperga.org

o que está a pasar en ASPERGA

SERVIZO INTEGRAL PARA NENOS E NENAS DE 0 A 6 ANOS

Desde o mes de xaneiro, o noso centro de Santiago de Compostela, contamos co servizo de atención temperá, asistido por unha terapeuta ocupacional, unha psicóloga e unha logopeda.

Grazas a axuda obtida da Fundació ORDESA, esta sala está totalmente equipada para ofertar un servizo da mellor calidade.

INTERVENCIÓN LOGOPÉDICA

Desde xaneiro contamos cunha experimentada logopeda no noso centro de Santiago de Compostela. Neste servizo detectamos, avaliamos e tratamos os trastornos da comunicación (verbal e non verbal), da linguaxe (oral e escrita) ademáis de correxir o ritmo, a velocidade, o ton, a respiración, a masticación, a deglución…

Servizo subvencionado por Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

outras novas de interese

LOBOS DE MAR

PARA USUARIOS/AS E SOCIOS DE ASPERGA

Como todos os anos o Club Marítimo de Oza “O Puntal”, ofrece aos usuarios/as e socios/as de ASPERGA a oportunidade de participar no programa LOBOS DE MAR, onde poderás aprender o manexo de embarcacións de vela. Este programa levarase a cabo desde o 2 de abril ao 25 de xuño de 2022, os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Se desexas inscribirte nesta actividade, por favor contacta directamente co Club Marítimo de Oza, a través do correo electrónico velacmoza@gmail.com ou no teléfono 686 501 354.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

WEBINARIO ORGANIZADO POR FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

A falta de perspectiva de  xénero nos procesos de detección e diagnóstico ten graves consecuencias para as nenas e mulleres con TEA.

–> MÁIS INFORMACIÓN

ESTUDO SOBRE PERSOAS CON AUTISMO EN IDADE ESCOLAR

A continuación, seguindo coa política de ASPERGA de difundir os programas e estudos que poidan ser interesantes para o noso colectivo, compartímosvos a información que nos fixo chegar Lucía Boquete Chapela, que está a realizar un traballo científico de final de máster na Universidade da Coruña. Este traballo consiste en saber a percepción que teñen as familias de nenos/as con autismo acerca da participación deles/as e dos seus fillos/as na escola e das respostas educativas que a escola lles proporciona.

No caso de que os seus fillos/as xa non estean no colexio non pasa nada, gustaríanos saber igualmente como viviron a súa etapa escolar e mesmo tamén poden participar as propias persoas con autismo se o desexan.

O fin último do estudo é xerar unha guía destinada aos centros educativos de Galicia para que poidan crear espazos máis inclusivos para o alumnado con autismo e así, aos poucos, ir mellorando a súa calidade educativa. Moitas grazas pola súa colaboración.

–> ENQUISA

TESIS DOCTORAL POR E PARA AS FAMILIAS DAS PERSOAS CON TEA

Marta Galán Cambón, estudante do programa de doutoramento en psicoloxía da saúde da UNED, solicita a nosa colaboración para levar a cabo a súa tese/proxecto “Adaptación psicolóxica de irmáns de persoas con trastorno do espectro do autismo na infancia e adolescencia”. O obxectivo deste estudo é  coñecer o benestar dos familiares de persoas con TEA, que conviven a maior parte do tempo, a través dunha serie de cuesionarios en liña. 

Se desexa máis información sobre este estudo pode contactar a través do correo electrónico martagalanpsy@gmail.com ou no teléfono 622700620. 

Facilitamos aquí o enlace ao cuestionario para as nais. Ao final da enquisa atoparán o enlace ao cuestionario do seu fillo ou súa filla. Moitas grazas pola súa colaboración.

–> ENQUISA

 

FAITE SOCIO DE ASPERGA

Axúdanos a defender os intereses das persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias.

FAITE UNHA DOAZÓN

Ao facer un doativo contribúes a que poidamos ofrecer unha atención de calidade.

FAITE VOLUNTARIO

Colabora con nós nos talleres e actividades con nenos/as, adolescentes e adultos/as.