importante para ti, importante para nós
Estimadas familias,
Antes de nada, esperamos que pasásedes un bo verán.
Iniciamos o programa 2022-2023. Un ano máis, todo o equipo profesional de ASPERGA, queremos darvos unha grata acollida a todas as persoas que confiades en nós de novo e a todas as que acabades de chegar.
Levamos días organizando, coordinando e preparándonos para ofrecer un servizo de calidade, interdisciplinar e a medida do noso colectivo.
INDICACIÓNS XERAIS
- ROGAMOS SILENCIO nos nosos centros. Imprescindible manter silencio nas zonas comúns, respectando así o traballo de profesionais e outros/as usuarios/as.
- IMPRESCINDIBLE PUNTUALIDADE para aproveitar ao máximo a sesión e respectar a entrada da persoa que chegue a continuación.
- Avisa se necesitas FALAR CO TEU TERAPEUTA para que vos indique que momento é o adecuado para interromper o menos posible a sesión; evita falar na sala de espera.
- Podes CONTACTAR CO TEU TERAPÉUTA en calquera momento vía e-mail; responderá cando lle sexa posible.
Fai varios meses, Daniel Collazo Barcia, un usuario de ASPERGA con vocación de periodista, decidiu realizar unha serie de entrevistas ás persoas que traballan no centro sociosanitario, co obxectivo de coñecer un pouco máis o fundamento da asociación e acercar á outras persoas alleas o día a día do noso centro.
O que se ideou como unha simple actividade dentro das sesións de terapia ocupacional, convertiuse nun megaproxecto para crear unha revista. Este proxecto comenzou con Macarena Sánchez Carnero, terapeuta ocupacional e cofundadora xunto con Daniel, creador e editor desta revista.
Neste número o editor, Daniel, falará de si mesmo, comentará a historia e filosofía de ASPERGA e entrevistará a cindo das persoas que traballan na asociación.
a túa opinión e importante para ASPERGA
ENQUISAS DE VALORACIÓN
Para o equipo de profesionais é moi importante coñecer a túa opinión e valoración sobre os nosos servizos. Agradecemos que lle dediques uns minutos a contestar a/as enquisas dos servizos aos que asistes ou asistiches.
ATENCIÓN TEMPERÁ – A CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA
INTERVENCIÓN INDIVIDUAL E GRUPAL – SANTIAGO DE COMPOSTELA
INTERVENCIÓN INDIVIDUAL – A CORUÑA (psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional)
INTERVENCIÓN GRUPAL – A CORUÑA (habilidades sociais, móvete, apoio educativo)
ADULTOS – A CORUÑA (vida adulta, xuntanza, máis deporte)
o que vai pasar en ASPERGA
SUMÉRXETE CON ASPERGA
A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS desde 6 anos
Metodoloxía adaptada a persoas con TEA de apoio 1; co acompañamento do noso monitor deportivo.
Grupos reducidos de 5 persoas.
Actividade trimestral (outubro – novembro – decembro).
Club de Mar San Amaro
ACTIVA O TEU CORPO
A CORUÑA
Espazo de familiarización coas actividades deportivas de forma atractiva, divertida e dinámica; enfocado a crear hábitos de vida saudable e mellorar a condición física. Traballaremos específicamente o desenvolvemento de habilidades sociomotrices.
1 día á semana.
Complexo Deportivo San Diego.
Grupos de TODAS as idades, a partir dos 6 anos.
TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA
A CORUÑA - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Un ano máis comenzamos o programa grupal de TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA, dirixido a persoas con TEA con idade superior aos 18 anos. Este programa divídese en tre módulos:
- Módulo vida independente.
- Módulo socio-laboral.
- Módulo lecer e tempo libre.
Si estás interesado/a contacta con ASPERGA en 881 917 318 (A Coruña) ou 881 165 157 (Santiago de Compostela).
TEMPO DE LECER – A CORUÑA
A CORUÑA
Ven a xogar ao fútbol: para usuarios/as, socios/as, familia e amigos/as (desde os 12 anos).
O sábado 1 de outubro, de 11:00 a 13:00, no Polideportivo Municipal Barrio das Frores.
Se desexas máis información podes contactar con Borja de la Puente en borja.puente@asperga.org ou no teléfono 881 917 318.
ACTIVIDADE DE LECER GRATUÍTA
HABILIDADES SOCIAIS
A CORUÑA – SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA - SANTIAGO DE COMPOSTELA
Abrimos novas prazas para o noso programa de “habilidades sociais” por demanda dos/as socio/as. Neste programa poñemos en práctica, de maneira lúdica, as habilidades de comunicación, interacción social e manexo emocional dos/as participantes.
Se desexas coñecer á dispoñibilidade ou outra información podes contactar con:
A CORUÑA = Laura Ares en laura.ares@asperga.org ou no teléfono 881 917 318.
SANTIAGO DE COMPOSTELA = Noela Vigo en noela.vigo@asperga.org ou no teléfono 881 165 157.
o que está a pasar en ASPERGA
Cada ano, intentamos, tendo en conta as demandas dos/as nosos/as socios/as e usuarios/as aumentar estes servizos e programas. O obxectivo principal de ASPERGA é ofrecer os mellores servizos, programas e actividades ás persoas con TEA/SA e as súas familias.
SERVIZOS – A CORUÑA
- Atención temperá.
- Programa “pre-lectoescritura”.
- Intervención psicolóxia.
- Intervención logopédica.
- Intervención en terapia ocupacional.
- Programa “habilidades sociais”.
- Programa “activa o teu corpo”.
- Programa de “pedagoxía / apoio educativo”.
- Programa “transición á vida adulta”.
- Programa “xuntanza”.
SERVIZOS – SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Atención temperá.
- Intervención psicolóxia.
- Intervención logopédica.
- Intervención en terapia ocupacional.
- Programa “habilidades sociais”.
- Programa de “pedagoxía / apoio educativo”.
- Programa “transición á vida adulta”.
- Programa “xuntanza”.
SERVIZOS TRANSVERSAIS
A CORUÑA - SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Primeira consulta de orientación/información.
- Valoración específica de TEA.
- Asesoramento do traballador social.
FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILENCIA
Seguimos con este programa dirixido a persoas con discapacidade, grazas ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e EAPN Galicia e Federación Autismo Galicia. Este programa ten como obxectivo principal dotar ás persoas participantes das motivacións, habilidades, competencias e capacidades requeridas para acceder ao mercado laboral.
bolsas e axudas
MAPA DE RECURSOS XUVENTUDE
PROGRAMA DIRIXIDO A PERSOAS CON TEA DESDE 18 ANOS
Amosamos aquí o enlace ao dossier de recursos dispoñibles a través da Xunta de Galicia en relación a: educación, formación e emprego, igualdade, mobilidade, vivenda, información xuvenil, ocio educativo e tempo libre.
BONO CULTURAL
Axuda directa que ofrece o Goberno a través do Ministerio de Cultura ás persoas que cumpran 18 anos no 2022. O obxectivo é fomentar o acceso á cultura. A contía do bono é de 400€ destinados a productos e servizos culturais.
BECA FUNDACIÓN UNIVERSIA 2022-2023
Fundación Universa convoca 200 bolsas de 1.000€ para estudantes con certificado de discapacidade de grao igual ou superior a 33%, para así impulsar o seu acceso e progreso académico en igualdade de oportunidades. Este programa de bolsas promove a educación inclusiva e de calidade.
outras novas do teu interese
PROXECTOS DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
Publicación do Real Decreto 670/2022, do 1 de agosto, polo que se regula a concesión directa de subvencións a diversas entidades para a realización de proxectos de innovación tecnolóxica, investigación e divulgación científica en materia de accesibilidade universal, así como para a creación dun centro español de accesibilidade cognitiva e un centro piloto sobre trastono do espectro do autismo, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
espazo de emprego e formación
XII FEIRA DE EMPREGO DA CÁMARA DE COMERCIO
A Cámara de Comercio da Coruña convoca a XII Feira de Emprego, que se enmraca no Programa Integral de Cualificación e Empreto (PICE), co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas. As persoas que asistan a esta Feira descubrirán as demandas actuais do mercado laboral a través de seminarios centrados nas novas tendencias profesionais, recibir asesoramento e orientación laboral e manter unha breve entrevista coas empresas convidadas nesta edición.
Se tes algunha dúbida podes contartar con María José Vaamonde en emprego2@autismogalicia.org ou no teléfono 674 349 595.
LUGAR: Recinto Feiral de PALEXCO (Peirao de Transaltánticos, 15003 A Coruña).
financiadores e colaboradores
FUNDACIÓN ONCE
No marco da Convocatoria Xeral de axudas para proxectos dirixidos a perssoas con discapacidade da Fundación ONCE, ASPERGA recibiu a cantidade de 5000€ destinados a dotar á asociación de materiais específicos que permitan realizar valoracións de calidade.
QUERES SABER MÁIS SOBRE ASPERGA?
FAITE SOCIO/A DE ASPERGA
Axúdanos a defender os intereses das persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias.
FAI UNHA DOAZÓN
Ao facer un donativo contribúes a que podamos ofrecer unha atención de calidade.
FAITE VOLUNTARIO/A
Colabora connosco nos talleres e actividades con nenos/as, adolescentes e adultos/as.