Axenda

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

MÁIS DEPORTE A CORUÑA

Abril 1 @ 16:00

PERSOAS ADULTAS CON TEA (maiores de 18 anos)

A CORUÑA
Venres 1 de abril de 2022
Ás 16:00 horas

O programa de MÁIS DEPORTE está enfocado para persoas maiores de 18 anos. O obxectivo principal é fomentar entre os/as participantes o gusto polo deporte; practicando diferentes modalidades esperamos que atopes un afín aos teus intereses e habilidades.

Realizaremos sesións de proba de diferentes deportes, a través de acordos e/ou convenios con ximnasios, instalacións deportivas e clubs da cidade da Coruña e arredores. Se un deporte chama a túa atención ou te sintes “a gusto” practicándoo, buscaremos os centros onde poidas realizalo, xa sexa por economía ou por proximidade ao fogar.

Desde ASPERGA daremos o apoio en todo o proceso de procura de información e inscrición e realizaremos un seguimento das túas sesións.

O programa realizarase os VENRES ás 16.00 HORAS de maneira SEMANAL.

Se estás interesado/a en obter máis información sobre este programa e formar parte do equipo contacta con nós:
e-mail: monica.garcia@asperga.org
teléfono: 881 917 318 (en horario de tarde)

Detalles

Data:
Abril 1
Hora:
16:00
Evento Etiquetas: