Axenda

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

26 de Febreiro de 2022 @ 12:00 - 13:30

ASPERGA, Asociación Galega da Síndrome de Asperger, continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger (18 de febreiro).

Nesta ocasión cunha xornada online gratuíta, aberta a todos os públicos, adicada á afectividade e sexualidade das persoas con TEA. A nosa terapeuta ocupacional, Sira Cerviño, falará sobre o desenvolvemento sexual desde a infancia até a vida adulta das persoas con TEA. Despois abrirase un tempo para preguntas.

— > INSCRICIÓN XORNADA

 

PROGRAMA DO EVENTO

Presentación da xornada.

Conferencia “Sexualidade e TEA”, a cargo de Sira Cerviño, terapeuta ocupacional de ASPERGA.
Abordaremos cuestións básicas relacionadas coa sexualidade, a afectividade e o desenvolvemento sexual desde a infancia até a adolescencia, explicando as características principais de cada etapa e como podemos actuar as persoas da contorna para favorecer o desenvolvemento afectivo-sexual das persoas con TEA.

Turno de preguntas.

 

OBXECTIVOS PRINCIPAIS DESTE ACTO

Concienciar á cidadanía do potencial das persoas con síndrome de Asperger, sobre as súas capacidades (ás veces vistas pola sociedade de maneira errónea, con admiración polas súas habilidades para certas actividades ou o seu amplo coñecemento en temas que son do seu interese), pero tamén das dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día, relacionadas coa interacción social.

Facer un chamamento á cidadanía para comprender e promocionar a súa participación na sociedade en igualdad de condicións.

Detalles

Data:
26 de Febreiro de 2022
Hora:
12:00 - 13:30
Evento Etiquetas: