Axenda

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

Febreiro 19 @ 11:00 - 13:30

O 18 de febreiro é o Día Internacional da Síndrome de Asperger; con este motivo a Federación Autismo Galicia organiza de maneira online, o sábado 19 de febreiro, un acto oficial conmemorativo e unha xornada a cargo de ASPERGA, tratando a importancia da participación social nas persoas con Asperger, as necesidades e realidades que atopa o colectivo.

— > INSCRICIÓN ACTO OFICIAL + CONFERENCIA

 

PROGRAMA DO EVENTO

11:00 horas – Presentación do acto oficial
Conselleira de Política Social, Fabiola García Márquez.
Presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.
Presidenta de ASPERGA, Asociación Galega de Asperxer, Rita González Fernández.
Xerente de ASPERGA, Marisol García Penalta.
Testemuños de persoas con Asperxer pertencentes a ASPERGA, Aspanaes e Fundación Menela.

12:00 horas – Conferencia “Fomento da participación social nas persoas con Asperger”
Noelia Pazos Piñeiro, logopeda de ASPERGA.
Noela Vigo Sar, logopeda de ASPERGA.
Nesta conferencia explicaremos a importancia da inclusión social das persoas con TEA, as barreiras ás que se enfrontan no seu día a día e as recomendacións para ter en conta por parte da comunidade, co fin de fomentar a súa participación social.

13:00 horas – Quenda de preguntas

 

OBXECTIVOS PRINCIPAIS DESTE ACTO

Concienciar á cidadanía do potencial das persoas con síndrome de Asperxer, sobre as súas capacidades (ás veces vistas pola sociedade de maneira errónea, con admiración polas súas habilidades para certas actividades ou o seu amplo coñecemento en temas que son do seu interese), pero tamén das dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día, relacionadas coa interacción social.
Facer un chamamento á cidadanía para comprender e promocionar a súa participación na sociedade en igualdade de condicións.

Detalles

Data:
Febreiro 19
Hora:
11:00 - 13:30
Evento Etiquetas: