importante para ti, importante para nós

MARCA A CASA 106 NA TÚA DECLARACIÓN DA RENDA
POR QUE MARCAR A “X SOLIDARIA”?
- Porque ao marcala fas que se destine un 0,7% dos teus impostos a programas que realizan as ONG.
- Porque se benefician persoas en situación de vulnerabilidade; sen ningún custo económico para ti.
- Porque NON marcala é tomar unha actitude pasiva, e desixar que sexa o Estado quen decida o destino desa parte dos teus impostos.
A QUE PERSOAS SE DIRIXEN OS PROGRAMAS QUE SE FINANCIAN COA MIÑA ACHEGA?
Ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade, a mozas, a mulleres, ás familias e ás persoas migrantes… son quen se beneficia desta solidariedade cidadá que queda manifesta cando se marca a casa de Actividades de Interese Social.
Os proxectos desenvolvidos neste marco atenden realidades concretas: a asistencia e o apoio a persoas maiores en centros de día ou nos seus domicilios; a axuda a persoas con discapacidade física, intelectual, así como ás súas familias; ademais da asistencia a persoas sen fogar, a loita pola erradicación da violencia de xénero, a integración laboral, a atención á poboación rural, a atención psicosocial a persoas diagnosticadas con cancro, entre outras.
o que vai pasar en ASPERGA
ECOCAMP – campamento de pernocta

USUARIOS/SA E SOCIOS/AS
PRAZAS LIMITADAS
Campamento con pernocta no que se leva a cabo unha intervención terapéutica e psicoeducativa, basada no contacto coa natureza, a convivencia e a aprendizaxe experiencial mediante actividades pouco habituais na rutina diaria.
- do 4 ao 8 de xullo = de 13 a 17 anos
- do 11 ao 15 de xullo = de 18 a 25 anos

URBANcamp A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 13 anos
No mes de xullo.
De luns a venres.
De 10:00 a 14:00 horas.
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).

URBANcamp SANTIAGO DE COMPOSTELA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 13 anos
No mes de xullo.
De luns a venres.
De 10:00 a 14:00 horas.
* dependendo do número de inscritos, se contactará coas familias para conformar grupos.
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).
XORNADA DE ORIENTACIÓN – ENKI

PARA USUARIOS/AS, SOCIOS/S E FAMILIAS
Sábado 18 de xuño de 2022
De 10:30 a 13:30 horas
Parque de Bens. A Coruña
Participa coa túa famila nesta actividade gratuíta organizada por ENKI. Temos un máximo de 25 prazas, reserva as túas canto antes: o prazo remata o 10 de xuño.
* as persoas que xa estaban inscritas na convocatoria que fixemos en abril, non teñen que volver a inscribirse.
Para máis información contactar con Mónica García (coordinadora en ASPERGA) no teléfono 881 917 318 ou no correo electrónico monica.garcia@asperga.org
Xpresa

PARA USUARIOS/AS, SOCIOS/S E
Desde o venres 17 de xuño até o domingo 19 de xuño – de 10:30 a 13:30 horas
Fundación Luis Seoane
Un ano máis a Asociación Cultural ese8 ofrece á nosa asociación un taller cinematográfico de inclusión social.
Se desexa máis información pode contactar con gestion@s8cinema.com

TEMPO DE LECER A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS desde 16 anos
Sábado 14 de maio de 2022
De 10:00 a 13:00 horas
ALITA COMICS
Actividade gratuíta (1,20 € da viaxe no bus)
TEMPO DE LECER SANTIAGO DE COMPOSTELA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS desde 12 anos
Sábado 14 de maio de 2022
De 10:30 a 13:00 horas
DIVER JUMP
Actividade non gratuíta
TEMPO DE LECER A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 21 de maio de 2022
De 10:00 a 13:00 horas
CLUB ECUESTRE “OS PARRULOS”
Actividade gratuíta
TEMPO DE LECER SANTIAGO DE COMPOSTELA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 6 a 11 anos
Sábado 21 de maio de 2022
De 10:30 a 13:00 horas
ALITA CÓMICS
Actividade gratuíta
TEMPO DE LECER A CORUÑA
USUARIOS/AS, SOCIOS/AS de 12 a 15 anos
Sábado 28 de maio de 2022
De 10:00 a 13:00 horas
CLUB ECUESTRE “OS PARRULOS”
Actividade gratuíta
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).

FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Xoves 19 de maio de 2022
De 18:45 a 19:45 horas
AS HABILIDADES SOCIAIS DAS PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta
FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Xoves 9 de xuño de 2022
De 18:45 a 19:45 horas
DIFICULTADES DE COMUNICACIÓN DAS PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta
FORMACIÓN ONLINE PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS
Xoves 30 de xuño de 2022
De 18:45 a 19:45 horas
O TEMPO DE LECER NAS PERSOAS CON TEA
Actividade online gratuíta
Subvencionado pola Xunta de Galica, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto da renda das persoas físicas (IRFP).
outras novas de interese en ASPERGA

PROXECTO esTICmula
Grazas á contribución feita a ASPERGA por Autismo España e Fundación Orange, para o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos innovaores, de entidades sociais de Autismo España, creamos o proyecto esTICmula.
Con este proxecto pretendemos fomentar o uso de apps adaptadas en persoas con autismo e á implementación do programa de neurorrehabilitación nas sesións terapéuticas.
Deixamos aquí unha mostra das aplicacións da Fundación Orange, adaptadas á persoas con autismo, algunhas das cales usamos os terapeutas nas sesións:
ALQUIMIA INLINE
SERVIZO OBTIDO CON CONVENIO DE COLABORACIÓN
Unha vez máis a Asociación Deportiva e Cultural Alquimia Inline ofrece, a través dun convenio de colaboración, a usuarios/as de ASPERGA a oportunidade de asistir a clases de patinaxe.
O obxectivo principal desta asociación é fomentar a práctica do patinaxe na mayoría das súas modalidades, tanto na súa versión recreativa como competitiva.
XPRESA TALLER CINEMATOGRÁFICO
SERVIZO OBTIDO CON CONVENIO DE COLABORACIÓN
O próximo sábado 28 de maio, de 18:00 a 20:00, terá lugar a proxección dos traballos realizados por usuarios/as de ASPERGA nos talleres de cine organizados por (S8).
É un evento aberto ao público, no que se mostrarán parte dos procesos de realización, así como o resultado final dos talleres. Ao final da proxección terá lugar unha mesa redonda coa participación de persoal da nosa asociación.
Para máis información, estade pendentes das redes sociais de (S8) Mostra de Cinema Periférico.
outras novas de interese
TERCEIRA EDICIÓN DE "BECAS SUPERARTE"
Coa finalidade de promover a formación artística de persoas con diversidade funcional como unha vía máis de inclusión. O prazo de inscrición é do 8 de abril até o 1 de xuño de 2022. A presente convocatoria ofrece 10 becas artísticas:
- 5 bolsas para a categoría “grado superior” destinadas á profesionalización no ámbito artístico da música ou da danza.
- 5 bolsas para a categoría “grado elemental e profesinal” dirixidas a artistas que queiran seguir os seus estudos ou realizar cursos de especialización enfocados á música ou á danza, fora do ámbito profesional.
Para calquera dúbida ou consulta podes contactar no correo electrónico becas@fundaciongruposifu.org ou no teléfono 664181322.
financiadores e colaboradores
XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
A Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 40.700,78€ para programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; xestionada pola Consellería de Polícita Social. Esta cantidad destinouse a programas da Liña III: Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio a persoas maiores ou con discapacidade.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
O Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña destina a ASPERGA en 2022, a cantidade de 17.487,81€, para o programa de asesoramento a personas con síndrome de Asperger e autismo e ás súas familias; dentro das subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarias do ano 2022. FOCVAA.
QUERES SABER MÁIS SOBRE ASPERGA?
FAITE SOCIO DE ASPERGA
Axúdanos a defender os intereses das persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias.
FAI UNHA DOAZÓN
Ao facer un donativo contribúes a que podamos ofrecer unha atención de calidade.
FAITE VOLUNTARIO
Colabora connosco nos talleres e actividades con nenos/as, adolescentes e adultos/as.